Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A culpa é dos clubs e da Uefa

lunes, 26 de febrero de 2018
A culpa  dos clubs e da Uefa Segue a violencia no fútbol. E seguirá. Pero, coidadiño, non lle botemos só as culpas ós rusos, pois vin unhas imaxes na tele nas que eses radicais ían escoltados pola policía, mais ó chegar a certo lugar, zas, alí os estaban esperando os radicais bilbaínos. Conclusión: tal para cal. Remedio: se eu fora a UEFA suspendía automaticamente ós dous clubs de por vida. E que culpa terán os clubs? Toda. Polo menos para min. Os clubs saben perfectamente dos seus ultras. É máis, xa se sabe e tamén se viu como xogadores do París Saint-Germain se citaban cos seus ultras para alborotar o cortello en clara referencia ó partido de volta dos oitavos de final da Liga de Campións contra o Real Madrid.

Algún lector pensará que non se pode ser tan drásticos. Pero hai que lembrar unha vez máis que ó ser humano mentres non se lle meta man onde máis lle doe non é capaz de recuar. Temos o caso, por exemplo, da condución, que mentres non nos multan, non escarmentamos.

Ós ultras radicais, se lles pomos partidos diante dos seus ollos van seguir facendo das súas. Algo semellante ó que acontece en Estados Unidos coas armas: que téndoas nas mans úsanas. Se non as tiveran... Se os seus equipos non xogaran... É a única acción que entenden. Así de simple e de sinxelo. Tamén se poden buscar máis culpables. Tamén. Porque xa había días que se sabía o que acontecería coa chegada dos rusos. Por experiencia. Porque son como son. E sabéndoo, por que non lles paramos antes os pés? Porque os intereses son os intereses, e despois, se pasa algo, botamos as mans á cabeza e axiña as baixamos. É como cando se pide perdón. É tan fácil pedir perdón, que dis “perdón” e xa está.

Neses campos de batalla pasa o mesmo: botas as mans á cabeza e con ese xesto xa está. Xa cumpriches coa denuncia, coa pena, co pesar. E ata a próxima. Por iso seguirán os feridos e os mortos, principalmente no fútbol. Porque é o deporte que máis energúmenos atrae.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES