Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O Himno de Marta

jueves, 22 de febrero de 2018
Ben que a armou Marta Sánchez ao ousar poñerlle letra ao Himno Nacional e cantalo nun concerto, convertíndose nun fenómeno viral tan intenso e veloz como aqueles contaxios víricos de antano onde só se falaba de virus cando había un andazo de gripe ou calquera outra enfermidade contaxiosa.

O do Himno ten historia. Na República, o Presidente Azaña quixo restaurar o Himno de Riego, pero adiantóuselle o inxenio popular poñéndolle textos antimonárquicos – “Si los Reyes de España supieran / lo poco que van a durar / a la calle saldrían cantando / Libertad, libertad, libertad”- e antirelixiosos: “Si los curas y frailes supieran / la paliza que van a llevar, / subirían al coro cantando / libertad, libertad, libertad”.

Co franquismo, o que se coñecía como Marcha de Honor desde Carlos III, marcha de Granaderos ou Marcha Real, convertiuse en Himno Nacional, con adaptación de Pemán, xa que o “Gloria a España / alzad la frente hijos del pueblo español, que vuelve a resurgir”, modificouse para facelo franquista e convertilo en “Gloria a España, / alzad los brazos hijos del pueblo español, que vuelve a resurgir”, por aquelo de que os brazos en alto coa man aberta eran o símbolo do fascio, co que o himno só valia, con esa letra, para unha parte do pobo español. A pesar da fermosura dos seguintes versos: “Gloria a la patria que supo seguir / sobre el azul del mar / el caminar del sol”, lembranza da epopea do descubrimento de América, cruzando o Océano Atlántico.

As iniciativas de poñerlle unha nova letra ao Himno, que fose axeitada para a época de liberdade na que vivimos, non froitificaron ata agora, en que Marta Sánchez tivo a ousadía de escribir unha letra que na súa familia considerarán entrañable, e cantar o de “Vuelvo a casa, a mi amada tierra /la que vió nacer mi corazón aquí/Hoy te canto para decirte cuanto orgullo hay en mi”.

A discusión está servida. Cada quen que se pronuncie como lle pareza oportuno, pero pedindo previamente perdón aos lectores vou reproducir o último wapssap recibido esta noite, en plan nacionalista coñero que avisa: Españoles, ¿Qué?... os galegos démosvos a Franco, a Fraga, a Rajoy, a Rouco Varela… A Marta Sánchez… Vádesnos dar a independencia xa, ou seguimos atacando?.

Laus Deo.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania