O verdadeiramente importante
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 22 de febrero de 2018
Hai moitísimas cousas importantes na vida.
Moitísimas.
Verdadeiramente todo é importante; pero non todo ten a mesma importancia.
Todos queremos ter saúde.
Loxicamente a saúde física é sumamente importante, e a mental non o é menos e a espiritual, máis aínda.
Pero cando falamos de TER SAÚDE, referímonos principalmente á SAÚDE FÍSICA.
DA SAÚDE MENTAL FALAMOS MENOS.
Á saúde mental cultivámola moito menos do que deberamos.
Nin que foramos descerebrados.
Só nos asusta cando pensamos nesa enfermidade que todos tememos cando chegamos á etapa senil (Alzheimer).
E DA SAÚDE ESPIRITUAL AÍNDA FALAMOS MOITO MENOS.
¿Acaso non temos alma?
Miña nai repetía a calquera hora: temos unha alma que salvar.
As cámaras bioelectrónicas demostran como a alma se separa do corpo no momento da morte.
Logo:
A ALMA EXISTE.
Os proxenitores de hoxe en día, penso que salvo excepcións- non lles falan ás criaturas de algo tan importante.
¡Canto cambiou o mundo!
Cónstame que este é o criterio que usa unha inmensa maioría.
¡Que pena me dan!
Non saben ben o que perden. (O máis importante, ó meu humilde parecer)
Nada máis nacer unha criatura, xa se atiborra de cousas e máis cousas. Todas cousas materiais, claro.
Chega o Nadal e veña xoguetes e máis xoguetes e canto máis sofisticados sexan, mellor.
-¿NECESITAN AS CRIATURAS COUSAS COMPLICADAS?
Non claro que non.
-Se lles dámos todo feito
¿QUÉ ESPAZO QUEDA PARA A CREATIVIDADE, PARA QUE A CRIATURA DISCURRA?
Ningún ou moi pouco.
-¿VAILLE DAR TODO FEITO A VIDA REAL?
Non, claro que non.
Daquela O LÓXICO SERÍA DARLE FERRAMENTAS PARA DISCURRIR, PARA DESENROLAR O INXENIO.
Pero non, PRIORIZAMOS O MENOS IMPORTANTE.
E así nos vai.
DEDICAMOS MOI POUCO TEMPO Á SAÚDE MENTAL E MOITO MENOS Á ESPIRITUAL.
Eso si: mandámolos a todo tipo de actividades para que fagan amigos e nos deixen tempo libre.
E
¿Qué ocorre?
Que moitas criaturas de hoxe en día saen moi estrabuladas, moi mal educadas, a veces insoportables.
O profesorado escandalízase cada día máis do que ve cos seus propios ollos.
Algúns pregúntanse SE NON ESTAREMOS CRIANDO MONSTRUOS
É moi forte chegar a dicir esto; pero a realidade é a que é.
E aínda hai algo peor:
HAI CRIATURAS QUE LLES PEGAN ÓS PAIS
¡E cada día máis!
SE NON NOS RESPONSABILIAZAMOS DE EDUCAR Á INFANCIA COMO DEUS MANDA; IMOS MAL.
¡IMOS MOI MAL!
Os fillos son consecuencia da crianza que reciben.
¿Non si?
TAMÉN É BEN CERTO QUE HAI FAMILIAS QUE TEÑEN CLARO O PRIORITARIO, O VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE.
Grazas a elas atopámonos:
-Con criaturas sumamente educadas.
-Con fillos e fillas sumamente respetuosas cos seus proxenitores.
-Con profesionais sumamente responsables.
-Con persoas excelentes que pasan a vida loitando por superarse e facendo ben sen mirar a quen.
ESE TIPO DE PERSOAS SON UNHA FORTUNA PARA A HUMANIDADE:
-Con esas persoas estamos a salvo.
-Con esas persoas o mundo progresa.
-Con esas persoas vaise tranquilos e confiados pola vida
Así dá gusto.
ASÍ DÁ GUSTO
Será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora