Foz: Adeus, Entroido 2018!
Fernández, Suso - miércoles, 21 de febrero de 2018
Dos festexos e celebracións anuais do noso pobo é, sen dúbida o Carnaval o que rexistra unha maior participación popular, e no que os focegos poñen a proba o enxeño, o sentido do humor e o talante festivo e desenfadado; é tamén o Entroido, o que experimentou unha meirande evolución nos últimos anos,en que se producíu unha auténtica eclosión ao trocarse en espectáculo que en cada edición sorprende, pola súa magnitude e brillantez .
Pódese decir que, de sempre, se celebrou en Foz a festa de Carnestolendas. Ao menos, dende comezos do século XX temos constancia de cómo entón se organizaban comparsas que levaban polas rúas a ledicia de cancións compostas para a ocasión que, ás veces, tiñan soado éxito.
No 1910 ( hai 108 anos
!) Xosé Ramón da Cangalla, Carallán, Juan María Néciga, O Xuez( ou sexa, meu pai), e outros amigos, formaron unha charanga que levou a ledicia carnavaleira mais alá do seu contorno: pasaron a ría e percorreron a Mariña (entón delimitada entre Celeiro de Mariñaos e Reinante), levando no repertorio unha canción que resultara moi exitosa: Al correr el Carnaval , es cosa linda y corriente que se divierta la gente sin causar a nadie mal. Esto es para no dudar : nuestra venturosa tierra, todo lo bello que encierra es para hacernos gozar. Ay!, qué muchachitas las de este pueblo;ay! qué salero, viva el humor:mientras que haya chicas tan bellas, es para ellas el tierno amor. Sin ti no puedo vivir, dulce encanto de mis ojos; escúchame sin enojos y no me hagas más sufrir
. ¡Vivan las muchachas que saben amar
¡Viva la alegría!¡Viva el Carnaval
!.
O esforzo da camiñada a pé, por camiños e corredoiras, tivo a súa recompensa: chegaron a unha casa na que, con pantragruélico xantar, celebrábase a chegada dun habanero, a cuxa festa familiar foron convidados. A lembranza da celebración, en tempos de despensas tan esgotadas, duroulles polo resto das súas vidas
Un magnífico coro para celebrar o Entroido de 1934 fora artellado por Bustamante, o laredano que en Foz casara con Eugenia Oroza, e que dez anos mais tarde fora unha das 12 víctimas que formaban a tripulación do Jesús Nazareno; o naufraxio , dado o número delas, mais dramático da historia mariñeira do noso pobo. Nesta ocasión o coro presentaba a novidade da canción-protesta El nuevo poblador que pasaría a formar parte das cancións populares que se cantaban a cotío na nosa vila, aínda que, por moitos anos, as circunstancias obrigaban a facelo de xeito semi-clandestino..
Numerosas foron as persoas que cada ano por rúas e xuntanzas facían alarde do seu enxeño e ledicia, e foron pezas principais para manter vivo o espíritu do noso Entroido. Pero os tempos cambiaron e ás exhibicións de humor e enxeño de antano, con pobres aditamentos decorativos, recuperados dos fondos dos vellos arcóns e armarios, alí esquecidos; ofrécese agora o espectáculo deslumbrante de grupos, comparsas e charangas; carrozas e personaxes nun impresionante desfile de luz, cor e sons que convirten os Carnavais de Foz, sen dúbida, nos mais atractivos da bisbarra.
Lector amigo; dona ou cabaleiro: ogallá os disfrutes, con saúde, outro mogollón de anos
(Suso Fernández é Fillo Predilectoo e Cronista oficial de Foz)

Fernández, Suso