Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Farmacias: Difícil liberalización

viernes, 24 de agosto de 2007
Estabamos tan afeitos ós monopolios en España que nos parecía o máis normal do mundo que cando se falaba de liñas aéreas só se contase con Iberia, Renfe no ferrocarril, Fosforera Española nos mistos, e nos combustibles Campsa, que non era outra cousa que a Sociedade Anónima Arrendataria do Monopolio de Petróleos en España.

A economía foise abrindo á competencia, e sector por sector foi permitindo que fosen entrando empresas novas que aportasen enerxías, abrisen mercados e abaratasen productos sendo especialmente notable o exemplo dos transportes aéreos polo impacto favorable que supuxo a entrada de novas compañías no mercado.

Esto de agora é moi serio, porque lle vai tocar o turno ás farmacias ás que a Comunidade Europea ten no punto de mira. Nun mundo de liberdade de empresa, non é de recibo que para abrir unha farmacia faga falla unha determinada distancia e poboación, que a súa propiedade estea atribuída exclusivamente ós licenciados en Farmacia, e que un titular non poida posuír máis dun establecemento.

Abrir a man neste tema sería unha solución problemática polo caos que se orixinaría nun mercado ata agora tan pechado, no que unha oficina de farmacia ven ser para o seu propietario un excelente seguro de vida (económico).

Hai moitos intereses en xogo, e non só o dos propietarios de farmacias senón o de todo o público que acode a estes establecementos a mercar medicamentos ou na percura de información e consello.

O tema ten tanta importancia como para que se estudie con tempo, e se vaia evolucionando pouco a pouco ata chegar a unha solución de consenso cos implicados, que contemple a atención ós usuarios e a distribución de oficinas por todo o territorio. O tema é dificil de solucionar. Pero a liberación é imprescindible e imparable.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania