Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Morrer no traballo

miércoles, 22 de agosto de 2007
O traballo tende a ser máis lixeiro para os traballadores polas melloras tecnolóxicas, polos avances sociais, polo progreso económico e social do País.

Esto é o que criamos, o que coidabamos presenciar, pero as frías cifras das estatísticas empéñanse en negar o que estimabamos evidencia.

Mentras en España no primeiro semestre do presente ano os accidentes laborais baixaron un 4,1% con relación ó mesmo periodo de 2006, en Galicia aumentaron un 10%, sendo o dato máis ostensible e penoso que a cifra de mortos nestes períodos aumentou un 16%, pasando de 38 a 50 os mortos galegos no traballo ou nos itinerarios relacionados con el.

Un accidente pode ser producto de calquera continxencia fortuíta, pero 27.815 accidentes con baixa laboral nun semestre en Galicia son unha desmesura. Mais, se se ten en conta que foron 2.678 máis ca os do primeiro semestre de 2006.

Andalucía, Cataluña, Madrid e a Comunidade Valenciana superan a Galicia en accidentes laborais, pero tamén é impensable comparar a actividade laboral de Galicia coa destas catro autonomías.

Cada accidente é unha grave carencia. Cada morte, unha traxedia. O traballo é para producir, para realizarse, para construír, para vivir; nunca para morrer.

50 traxedias en seis meses en Galicia son un horror. Cada traxedia é un horror. Algo falla no noso contorno, no que as empresas teñen que facer profunda revisión, e as autoridades laborais un absoluto control.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES