Somos moito máis que máquinas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 15 de febrero de 2018
Os seres humanos estamos feitos de carne e óso e tamén temos alma, vida e corazón.
Temos unha parte material dentro dunha vida emocional, afectiva, psíquica e espiritual.
O noso organismo é sumamente complexo, sumamente perfecto, é divino.
Algo que só Deus pode crear.
A nosa mente aínda é máis complexa, é complexísima.
Hai quen dí que chegaremos a ter ordenadores que sexan máis intelixentes que a mente humana.
A verdade é que esto das novas tecnoloxías é un gran avance na historia de humanidade; pero con todo e con eso: O SER HUMANO É SUPERIOR A TODO.
Se hai ordenadores moi intelixentes é porque a mente humana as creou
¿Non si?
Outra cousa é que o ser humano sexa capaz de facer atrocidades porque o ser humano é imperfecto, é pecador, é moito máis limitado e moito máis ignorante do que se imaxina.
Por eso é tan atrevido a veces.
Xa din que a ignorancia é moi atrevida e eu penso que é ben certo.
Con tódalas deficiencias que poidamos ter, non somos máquinas; aínda que alguna vez digamos:
ES UNHA MÁQUINA.
Cando esto dicimos é para manifestar que:
-Alguén é moi espabilado, moi espilido.
-Que sabe facer o que corresponde en cada momento.
-Que é moi desperto.
-Que é moi intelixente.
-Que sabe defenderse moi ben na vida
PERO NON SOMOS MÁQUINAS.
Non se nos programa unha vez para toda a vida.
Edúcasenos cada día para acomodarnos ás diversas circunstancias que a vida nos vai presentando ó longo dos anos.
Por eso precisamos ser tratados con moito cariño, con moita tenrura, con moita delicadeza.
Precisamos cariño, tenrura e delicadeza ó longo de toda a vida:
-Na infancia, en abundancia.
-Na adolescencia, ademáis moito tacto.
-Na xuventude, brota instintivamente á hora de namorarse.
-Na idade adulta hai que regalos día a día como as plantas máis delicadas.
-E na senectude, xa se sabe: dúas veces nenos.
As persoas carentes de cariño, tenrura e delicadeza son persoas desconfiadas, ariscas, bruscas
Son froito de como as trataron a elas.
Algunhas atópanse andando pola vida.
Cada día as noticias fálannos de persoas nesta situación.
E o que non chega a saberse
¡Que pena!
¡Canto descerebrado hai!
¡Canto sufrimento que se podería solucionar con cariño, con tenrura, con delicadeza con xeitiño, con SENTIDIÑO..!
Pero o cariño, a tenrura e a delicadeza non se poden comprar, hai que dálos gratuitamente.
Todos os levamos no noso corazón, só hai que pararse un chisquiño a pensar no importantes que son e na cantidade de problemas que nos poden resolver.
Pero o mundo actual, leva moita présa e xa di o refrán que as présas non son boas.
Deberíamos redistribuír o tempo dando prioridade ó que verdadeiramente é importante.
O VERDADEIRAMENTE IMPORTANTE
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora