Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entroido larpeiro

martes, 13 de febrero de 2018
A orixe do entroido pèrdese no tempo. Houbo épocas nas que ningunha aldea deixaba de vivir as súas entroidadas, sinxelas e liberadoras.Festas colectivas e populares, nas que todos tomaban parte.

Na Galicia dos antergos o entroido sinalaba o fin do inverno e a chegada das sementeiras e o comezo da coaresma… A afección á mesa abondosa e ás libacions xenerosas son compoñentes que nos definen. O noso país sufríu fames históricas, ó punto que estudosos – coma o doutor García Sabell, médico e antropólogo eminente- chegaron a afirmar que a obsesión pola comida non é porque abunde, senon porque non a houbo; tese que compartía o prestixoso xornalista e gastrónomo Jorge Víctor Sueiro, amigo inesquecible, que vía nas fames galegas, a inclinación ás grandes comidas e cuchipandas, reacción contra a penuria sufrida, temendo que no futuro non estarían bastante alimentados…

Carlos Martínez Barbeito no libro “Galicia”, sen negar a verdade tópica que nos define só por melancólicos e soñadores,asegura que “o galego, cando se tercia, é espléndido e báquico; gran comedor, gran bebedor e gran fornicador, e dono da plenitude da vida…”.

O Carnaval polos nosos pagos viviu a evolución ó igual que o fixeron tódalas manifestacións sociais, culturais e lúdicas; pero mantén a copiosa degustación do animal que é o rei da cociña, o porco; imperio que comparte cos mariscos e os peixes das nosas costas, sendo número principal do antroido o desfile polo prato do lacón e a “cachucha”, o touciño e a costela; a orella e o rabo; o lacón e os chourizos…co aditamento de garabanzos, grelos e patacas; regado todo por un bó Ribeira Sacra; e co epílogo duns postres tradicionais e exquisitos :filloas, orellas de frade,flores do entroido, rosquiñas, follas de limoeiro, chulas…

Esquezamos, pois, por uns días, lector amigo,os ácidos úricos e colesterois;hipertensións, glucosas e demais atrancos, e comamos e bebamos. A austera coresma chega de contado e non vaia ser que os xaxúns e abstinencias que nos esperan, nos pillen sen reservas.Xa o dí a vella cantiga: “¡Adeus, martes do entroido;/ adeus meu amiguiño;/ ata domingo de Pascua, non comerei mais touciño!...”e deica un ano.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES