Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: A Montaña

sábado, 18 de agosto de 2007
Da esquecida Montaña Luguesa, a meirande comarca montañosa de Galiza. Da Gran Serra Oriental que, de norte a Sur, vai de A Fonsagrada a Peña Trevinca e mesmo chega ao norte de Portugal. Coa grandeza dos Ancares e o Caurel polo medio, cos seus coñecidos problemas.

Estes días están de moda. Non só pola cantidade de peregrinos que atravesan esas
zonas polos camiños (Primitivo, Francés e Prata) e a presenza de emigrantes que
retornan a visitar a súa Terra, senón tamén polas incoherencias e abusos que se
están a cometer, a cotío, nalgunha delas.

Medios de comunicación falan, con claridade, de "O Courel ferido", "A morte do
Courel", "situación dantesca", "emprego a cambio de deterioro ambiental",
"Administración cómplice". E outras frases máis fortes. Case todo debido "á febre da
lousa" que o arrasa todo. ¿Por qué esta loita permanente por un lado e o silencio
polo outro? Fan falla respostas.

Certo que non é doado atopar solucións para a fixeza e permanencia dos veciños na
súa propia Terra. Pero cómpre buscalas. Hai que intentalo. Hai alternativas. Se as
buscamos. Non se nota nin percibe a busca. Mesmo deixamos marchar aos mellores.
Gobernantes e administracións teñen que buscalas e non seguir enganándonos con
parches ou dilacións temporais.

¡Alguén é responsable da situación. Non se lle a pode guindar ao lombo dos naturais
da Zona! Xa sufriron demasiado. Por iso fuxiron. A historia tende a se repetir se
non somos quen de abrir camiños para atopar saída aos problemas. Non estaría mal
que algún dos gobernantes galegos (poñamos por caso o noso presidente Touriño como máxima autoridade de Galiza ) lle o recorde ao Presidente Sr. Rodríguez Zapatero, na súa próxima visita á A Fonsagrada!.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES