Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Non cuestiones a salsa polo cal serás comido

viernes, 17 de agosto de 2007
Fai un curto tempo escoitei unhas palabras do escritor Eduardo Galéano. Palabras que me fixeron cavilar os miolos. Ollo ao piollo sobre esta metáfora do mundo actual. Galéano coñecía a un cociñeiro que un día lle comentou o seguinte: “unha vez este cociñeiro fixo unha xuntanza con tódalas aves do curral, galiñas, patos, perdices, pavos, codornices, etc. e lles preguntou con que salsa querían ser comidas. Unha humilde galiña lle contestou, nos non queremos ser comidas de ningunha maneira. O cociñeiro lles aclarou que iso estaba fora da cuestión. O mundo está organizado de tal maneira que nós os humanos na actualidade soamente temos dereito de elixir a salsa coa que seremos comidos. Din que este é un mundo democrático. ¿Que clase de democracia é esta onde a soberanía dos pobos converteuse nun obxecto de museo”.

Vos preguntaredes a que ven a conto estas palabras do escritor de Uruguai, estará este que escribe tolo, se me foi a ola, ou son unha alma cándida. Coido que nada diso. A cousa é a seguinte, repasemos o panorama. ¿Onde está a metáfora e a realidade?.


Fai uns días comezo unha viaxe de volta de Lisboa a Pontevedra pola autoestrada, aparentado non me enterar, dou comezo ao “vía crucis” da salsa e condimentos polos que tarde ou cedo seremos comidos. Ao quedarme sen gas-oil no coche fago a primeira parada nunha estación de servicio da que un ten que servirse, meto o gas-oil coas luvas na man, fago un percorrido á caixa para pagar cun calor de demo, volvo de volta ao coche e por facer ese traballo non me descontan ren, axudo a quitar postos de traballo e por riba teño un fedor nas mans do puñetero gas-oil.
Vou de camiño cunha mala leite que xa comezo a sentirme un pouco ovella.

Sigo pola autoestrada e paro nun autoservicio, doume conta que tiña que darlle as vitaminas ao corpo, cando entro no local decátome que teño que coller a “manduca”, alá vou eu a coller a bandexa, vólvome tolo para atopar o necesario, os vasos, o viño (por certo máis malo que satanás), vou con certa parsimonia para tratar de coller o menú máis apropiado, pero xa me están empurrado os que veñen detrás coa bandexa, xa me estou poñendo mal, o corpo pónseme a cento por hora. Ao final séntome nunha mesa, onde ao momento se senta outra persoa que nin coñezo nin sei quen é, case nin xantei, o personaxe en cuestión comeza a xantar como os porcos nun “vacieiro”. Marcho a todo meter daquela tortura e pensando que aquilo foi surrealista. Fixen o traballo dun camareiro, paguei como si tivera esas atencións e ao final non xantei. Sigo ao volante do coche e síntome como si estivera conducindo unha ovella.

Xa fixen unha morea de quilómetros e como tiña moita sede pola calor que facía, parei na estación de servicio antes de Pontevedra da autoestrada de Vigo a Coruña, achégome a barra e lle pido a camareira unha auga, ao momento tiña gañas de fumar, na zona que estaba non podía facelo, fun para a zona de fumadores, que é un recipiente de cristal onde tes que pechar a porta, ¡ mal raio os coma!. Non había ar condicionado como no lugar da barra, parecía un forno, na mesa un carteliño onde dicía: “no se sirve en las mesas”. Aquí xa o meu corpo comezou a alporizarse, por unha banda xa me sentía unha ovella e agora era tratado como un delincuente metido nunha cadea de cristal semellante a un forno e esquecido do mundo, ¡ maldito puritanismo!. Cada día que pasa están a facer que comulguemos con rodas de muíño.
Nos queren meter esa cultura (subcultura) desa sociedade enferma ata extremos incurable como é a sociedade de EEUU.
Nembargantes, sempre que poida facelo tratarei de cuestionar que non me coman coa salsa que as multinacionais intenta fabricar, para algún día converternos en robots ao seu servicio. Son como unha peste, ¡ Vaia tropa!.
Nós mesmos somos os culpables seguíndolle o xogo. Nós mesmos podemos trocar todo isto se nos cuestionamos con criterios obxectivos esta tolemia. O temos moi doado, non aparecer xamais por eses infernos
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES