Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Para Isidro Novo (Documento)

lunes, 12 de febrero de 2018
Benquerido Isidro:

Despois desta desgraza inesperada e impactante coma o xeo da mañá pola perda dun amigo da infancia e da vellez, o recordo estará sempre presente pola túa lembranza de home enteiro, xusto e sensato, honrado a carta cabal, e por máis, grande no mundo da cultura e da creación que te acerca ao espazo habitado e habitante dos deuses, morada sempiterna da xenerosidade e do elevado, onde a nobreza e a magnanimidade foron adxectivos cualificativos terrenais, e que agora, ben seguro te recollerán nese confín onde culminan os xenerosos coa terra e coa nosa identidade da que sempre quixeches ensinarnos e da que sempre te engalanaches, amigo Isidro, como fillo que es do noso e da nosa comunidade que tanto te necesitaba e aínda necesita de homes coma ti para devolver a “autoafirmación e afiunzamento da nosa realidade, da nosa cultura e do noso ser”

Grazas, amigo Isidro, polo que nos deixas en herencia. Os recoñecementos están aí, e aínda que non recibiras os que che corresponden, déixasnos cheos de beleza e dunha obra que permanecerá nos eidos da arte e da literatura, e da mestría indudábel, da palabra enfeitada e adobiada de alboradas e amenceres rítmicos e galaicos, da nosa fala quentiña, saltimbanqui, branda e agarimosa como as folerpas que a túa honra están caendo na nosa benamada Galiza ou Galicia, e coa que fan unha paisaxe de despedida inigualábel e cadenciosa na harmonía do universo e na beleza inconmensurábel da obra que nos deixas.

Atentamente e con toda a miña admiración, vai este documento de aprecio.

Salve, Isidro Novo.
Otero Canto, Xosé
Otero Canto, Xosé


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES