Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Medios de proximidade

Santalla, Iago - miércoles, 14 de febrero de 2018
Ultimamente, co tema de Cataluña, estase producindo un repunte do aparato ideolóxico centralista. Vémolo con especial intensidade nas redes sociais, onde a miúdo os galegos e o noso idioma sufrimos toda clase de insultos, algúns fora de ton. Para estos feitos, non parece haber límites.

Pola contra, acostúmase a consideralo humor, mesmo elaborado e culto. Non vou ser eu quen poña límites ao humor pero si me parece necesario deixar constancia das diferentes varas de medir...

O tema é que co temporal de neve vin queixas de que a TVG só informaba de Galicia, máis alá de que creo que non é certo, paréceme imprescindible ter medios de proximidade que nos informen do que está a ocorrer preto de nós. Vivímolo coa baga de lumes na que ningún medio nacional, agás a sexta, estivo a pé da nova. É dicir, TVE fixo claramente unha deixadez da súa función de servizo público, algo comprensible cando se politiza un medio...

O caso é que cando a xente defendía as súas casas do lume, só un medio público, galego e en galego estivo a pé de noticia. Cómpre non esquecelo e telo en conta antes de criticar como se está criticando a excesiva presenza do galego nos medios.

Só temos unha canle e un espazo noticiario na televisión nacional, non considero que isto marxine a ninguén. Os únicos marxinados que vexo son aqueles que loitaron contra o lume sen medios mentres se seguía debatendo sobre Cataluña.

Quedou demostrado que só os medios de proximidade están ás duras e ás maduras, desenvolvendo un verdadeiro servizo público.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES