Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Co 'Caldo de Osos' Taboada homenaxea ó porco

jueves, 08 de febrero de 2018
Según o maxistrado e escritor francés do século XVIII, Anthelme Brillat Savarin, “el placer de la mesa no produce arrebatos, éxtasis ni arrobamientos, pero gana en duración lo que pierde en intensidad, y se distingue, sobre todo, por el privilegio particular de que goza, disponiéndonos para todos los demás deleites, o al menos consolándonos por haberlos perdido...”.

I é que non resulta doado resistirse á tentación de degustar todo o que a terra nos ofrece. Unha terra como a de Taboada cunha enorme variedade de productos que son, por si mesmos e sin necesidade de elaboracións sibaritas e complicadas, vértola de deuses.

En Taboada, un pérdese nun laberinto de farturas cando chega o tempo de entroido, cando eiquí se celebra a súa festa gastronómica por excelencia, a do “caldo de ósos” que pola súa singularidade se atopa entre os primeiros caldos de Galicia.

Pero nesta festa, tamén se homenaxea ó porco con todas as súas variantes, lacóns, xamóns, costela, lingua, cacheira, dente, barbadela, soá, entrefrebas e os touciños.

Además de manifestación gastronómica, cabe reseñar o extraordinario ambente festeiro e de feira que se vive durante toda a xornada, onde a multitude pode mercar outros productos da comarca, dende o mel ós queixos, pan e empanadas, viño da Ribeira Sacra ou galletas e augardente de Xián, entre outros...

Nos derradeiros anos o “caldo de ósos” convertiuse nun clásico moi demandado polos visitantes en época de matanza. Este caldo está adquirindo notoriedade. En varios restaurantes, ó marxen da festa, é unha das opcións máis demandadas. Calquera que visitara algunha vez esta celebración, dificilmente esquecerá esta peculiar forma de aproveitar os ósos da columna do porco. E si ten algunha oportunidade repetirá sin ningunha dúbida.

Por esta e o outras razóns, non cabe máis que felicitar ó sector hosteleiro, empresarial, ó propio Concello pola potenciación deste prato e este certame, dando un exemplo de unidade que é o que provoca o seu rotundo éxito, poñendo no sitio que lle corresponde a esta manifestación no amplo abanico de feiras e festas gastronómicas que ó longo do ano se celebran en Galicia.
Rodríguez Porto, Ramón
Rodríguez Porto, Ramón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania