Portadores de luz, calor e vida
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 08 de febrero de 2018
Seguro que máis dunha vez lle dixeron que era un sol, un solete ou algo parecido.
Cando alguén nos di así é porque cos nosos actos ou coa nosa maneira de ser:
-Estamos iluminando a súa vida.
-Estamos dando cálidez á súa alma.
-Estamos dándolle vida.
E cando nós somos os portadores desa luz, dese calor e desa vida sentímonos moito mellor:
O noso corazón espándese que parece que non vai caber na caixa torácica.
Aínda que pareza mentira, unha palabra,unha mirada, un aceno, un pequeno acto,
-por sencillo que pareza-, pode ser moi beneficioso para crear benestar non mundo.
Pero coa materialización do mundo estamos perdendomoitos dos bos costumes.
Por exemplo:
Vas comprar algo a uns grandes almacéns ou a un supermercado e a persoa que está na caixa, sen dirixirche unha mirada as máis das veces, diche secamente:
¡27,50¡
¡Ou 19,60!
¡Ou 128,72!.
E así un día e outro día e outro día
NIN QUE OS COMPRADORES FORAMOS NÚMEROS.
E a persoa que está detrás do mostrador, penso que tampouco é un número:
¿Segue sendo unha persoa ou converteuse nunha máquina de dicir números e despachar mercadorías?
Cando chegue á súa casa, debe ir ben aburrida: todo o día no medio de xente e máis soa que a unha.
E ós clientes dá aimpresión de que nos converten automáticamente en números.
¿SOMOS UN NÚMERO OU SOMOS SERES HUMANOS?
Outro tanto pasa cos saúdos nas vilas e cidades:
Atópaste con alguén pola rúa:
¡Ola!
¡Adeus!
Voume que teño présa: a tal hora teño que estar
E non digamos se te atopas con alguén no ascensor aínda que viva no mesmo edificio:
Nin ola, nin adeus.
Se te vin non me lembro.
Todos extraños.
Moi rodeados de xente e moi sós.
No medio rural, non é así.
Se imos en coche, -como as pistas son tan estreitas- non podemos mirar para o utro conductor, non vaia se-lo demo que choquemos.
Pero cando imos a pé que cada día imos menos- aínda paramos a botar una parrafada ou a informar das noticias máis relevantes:
-Naceunos un neno ou unha nena: esto xa é noticia nas aldeas.
-Morreu fulano ou fulana, aínda non era vello/a (tiña 87 anos), pero
En fin, que a vida moderna ten moitas ventaxas.
Eso ninguén o pon en dúbida.
Pero
Pero
¡Coidadiño!
¿Estarémonos deshumanizando?
¿Estarémonos robotizando?
Eso pode ser moi perigoso.
SOMOS MOITO MÁIS QUE MÁQUINAS
Este será o título do seguinte artigo.
Quero dá-las grazas publicamente a tódalas persoas que levo atopado no camiño da vida que me iluminaron coas súas ideas e que me deron e dan cariño co seu bo proceder cara á miña persoa.
Grazas de todo corazón.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora