Sermón de entroido 2018
Santalla, Iago - miércoles, 07 de febrero de 2018
Boas tardes veciños
xa é hora de falar
o 2017 deixounos cousas
que non podemos calar:
Empezo polos políticos
que non saen da televisión,
cada vez máis enzoufados
en casos de corrupción.
Téñenvos moita cara,
para rapiñar son os primeiros
e para facer do torto dereito
teñen periodistas ben arteiros
Isto, meus amigos,
non vos é cousa menor:
quen domina os medios
xoga a cabalo gañador.
Haivos cadeas e xornais
que tras unha boa inxección
por ter fondos e perdurar
todo se volve sumisión.
Foivos o 2017
ano moi problemático
sufrimos unha gran seca
polo cambio climático.
E aínda hai quen o nega
porque teñen moitos fumes
pero Galicia sufríu
unha gran vaga de lumes.
Fan moitas leis,
dictan moitos edictos
pero non fan nada
para erradicar os eucaliptos.
E digo eu,
ante tanta tramalla,
non sería mellor
dar monte a quen o traballa?
Tamén teño que falar
de certa asociación
que loita por acabar
coa diversidade de condición.
Non hai democracia
sen respetar o dereito a ser,
dentro de pouco dirannos
con quen temos que foder.
Moita liberdade
para o que a eles lles convén
e cos grilos da relixión
collen ao pobo de refén.
Se queremos democracia
é pra todos ou pra ninguén,
algún a conta de negar dereitos
moi ben se mantén.
Eu quero que me escoiten
oir, oe calquera.
Eu quero que me escoiten
cambiar o mundo quixera.
Toca cambiar de tema,
aínda que sigo coa liberdade,
o pobo galego en pé
ten dereito á dignidade.
Dende internet, por moitos cobardes,
a diario somos insultados.
Parecen xente moi culta
e non pasan de desgraciados.
Ás veces pensa un,
pensando por un mismo,
se isto dos insultos
non será cuestión de racismo.
Quéixanse polo galego
como me contaron a min,
non fai falta moito oído
tamén deriva do latín.
Logo veñen de fora
línguas doutras condicións,
entenden todo de marabilla
non lles fan falla traducións.
E remato este ano
co recordo a un amigo
que se foi demasiado cedo,
xa non está comigo.
O seu nome soa duro,
un nome de moito traballo,
que di todo o que fixo na vida:
Xosé Manuel Carballo.
Seu segundo apelido
alto, claro e verdadeiro
fai muxicas de revolución
é o señor Ferreiro.
Foi tantas cousas,
é tanto o seu legado,
que sentímolo con nós
camiñando ao noso lado.
Vou rematando,
é hora da repartición,
erguédevos todos,
aí vos vai a bendición.
Se queredes vivir mellor
(que se vos meta ben na testa)
berrade forte a verdade
que só gaña quen protesta !!!

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora