Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Dorna

miércoles, 07 de febrero de 2018
Madeira dura como as penas,
non hai onda que te bata,
velas brancas como a neve,
sen vento que te vire.

Cara á estrela, a estrela sempre,
o meu pan.
Estrela do Norte, estrela do mar,
garda a miña alma, alma e fogar.


Miña dorniña, miña dona,
meu valor de cada noite,
o sorriso de todo amencer,
miña dorna, miña raíña.

As velas contra as tebras,
non hai furacán que te afunda,
coa proa cara a liña da fin do mundo,
sen raios que te movan.

Miña dorna, miña barquiña,
que sería de min?
Mariñeiro sen madeira,
pobre de min!


Atopa o rumbo,
aquel que ti e máis eu sabemos,
Antía agarda na praia,
ela, a que ti e máis eu coñecemos.

Volvo con ela e déixote a salvo,
sen celos, non hai loitas,
durmo con ela e volto contigo,
hai amores, hai tenruras.

Dúas paixóns, dúas vidas,
a miña dorniña e Antía,
dous mariñeiros no mar,
ti, miña dorna e máis eu.
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania