Facenda aínda non somos todos
Editorial - lunes, 20 de agosto de 2007
O Ministerio de Economía é plenamente consciente do papel da economía sumerxida na vida deste país, e non dubida en recoñecelo oficialmente nun estudio que ven de facerse público do que resulta que o 54,23% dos alugueres en zonas costeiras de toda España non se declara oficialmente.
Vendo as estatísticias oficiais nas que o Estado español ven ser a décima economía do mundo, cabe preguntarse que ocorrería se todos declarásemos de acordo coa realidade, se o diñeiro negro non impuxese a súa Lei na nosa economía.
Hai sectores manifestamente incontrolados, e o do turismo é un deles pola incidencia que nel teñen innumerables particulares que participan no sector como intrusos nun apetecible mercado.
E por esa situación de economía incontrolada, o peso dos impostos que non se distribúen como deberan, son máis fortes do que poderían ser.
Estamos a falar de cifras descoñecidas pero escandalosas. Porque só o exemplo recoñecido por Economía xa fala de 650.000 arrendamentos non declarados, que veñen supoñer arredor de 1.200.000.000 fóra de control. Deles, 63.400.000 en Galicia.
Cabe supoñer que diante desta situación que Economía recoñece, as autoridades correspondentes tomarán as medidas oportunas para que esta vergoña máis aínda para a Institución que para os particulares- non se siga producindo.
Eso de que Facenda somos todos, usado como slogan, non é máis ca vana palabrería, un conto. Por agora, Facenda non somos todos, nin moito menos.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora