Un oso no Bispo Santo
Fernández, Suso - martes, 06 de febrero de 2018
Verán de 2005; a nova deixáranos abriado: un artista alemán ultima a unión virtual entre Foz e a súa antípoda. ¿Qué se nos perdería a nós por aló? ¡Ninguén o sabía!; pero eso declaraban Joerg Jozwiak, o promotor da cousa, e o goberno municipal, entusiasmado
Non soubemos mais da intrépida iniciativa e, despois de pasado un tempo mais que prudencial, á espera de acontecementos, demos por cancelada a insólita noticia, coa mesma indiferencia coa que no seu día a acolléramos porque, ademais, os que por razóns biolóxicas chegamos a destempo á cultura do virtual, sempre mantemos certa reserva ante tanta marabilla
O que sí espertou a curiosidade, e aínda unha remota esperanza foi a paralela, e estrana, presenza dun oso polos contornos do monte do Bispo Santo porque, aínda que morto, pensamos que podería ser sinal de vida (non morre o que non vive) e, sen ser o hábitat idóneo para o animal, cunha pouca de imaxinación e moita fe, poderíase contemplar o posible de que aquela paraxe, pola que xa señoreaba o xabarín e o corzo, se convertese en reserva de caza maior. ¿Imposible
?. Os focegos estamos de volta de feitos que rachan coas leis naturais e coa lóxica. ¿Non foi dende alí que San Gonzalo, contrariando as leis físicas e os razonamentos escolásticos, afundíu a frota de naves normandas
?
Pouco había que persoeiros da Xunta de Galicia dixeran na Mariña que a procura dun turismo de calidade pasaría pola oferta dun ocio que se asentaría no deporte náutico os portos deportivos e o golf- campo que hai preto de dúas décadas dábase por feito; e que a caza maior exerce grande atracción para a consolidación do turismo no noso concello, decía voz autorizada. Pero, sen porto e sen golf, quedaba a alternativa da caza maior; e neste senso era o oso a derradeira esperanza; mais o do plantígrado resultou unha quimera, un espellismo. A vida está chea de frustracións
De tódolos xeitos hai voces que defenden a vía da antípoda; son as de aqueles e aquelas que ven nela unha solución parcial para o problema da depuradora; a súa urxencia fixo que a Corporación Municipal non tardara mais alá de ¡
vinte anos!, en porse de acordo sobre o emprazamento da mesma (cerebros de munícipes hai que botan fume, polo esforzo realizado). A estratexia consistiría en desprazar para a antípoda unha parte importante do turismo que se xeraría mercede ó éxito da chamada producida por tan cualificada oferta: que, engadidos ós nosos vellos e recoñecidos atractivos, sen dúbida convertirían a Foz en toda unha meca turística da que, cando menos os desprazados, quedarían liberados da cheirume. ¡Todo se andará! : posiblemente para o vindeiro Carnaval
En calquera caso, de momento desexamos a amigas e amigos lectores, unhas pracenteiras e venturosas carnavaladas. É o que por agora procede. E, despois .
que tamén sexan felices
!
(Suso Fernández é Fillo Predilecto e Cronista oficial de Foz).

Fernández, Suso
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora