Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Estudios universitarios

viernes, 17 de agosto de 2007
A Univerrsidade foi un coto reservado para a elite económica ata a súa descentralización, aínda que só fose porque para estudiar había que residir en Santiago, e eso non estaba ó alcance da inmensa maioría das economías galegas.

Os estudios na Universidade resultaron sometidos a unha endogamia económica, coas naturais excepcións das mentes brillantes que logran superar calquera tipo de barreiras.

A melloría económica xeral do país, e a descentralización universitaria abriron os estudios á maioría da poboación, porque residir nos lugares onde se imparten as ensinanzas facilita decisivamente o acceso á cultura superior.

Lugo, Pontevedra, Ourense, Vigo, Coruña e Ferrol convertíronse en cidades universitarias, recibindo como unha lotería a distribución de titulacións segundo as necesidades, as reclamacións e as oportunidades políticas as foron propiciando.

Que as titulacións, ás veces, non se correspondían coas necesidades reais do mercado que ía absorber ós titulados, tardou en saberse. E mesmo os desexos ou gustos dos universitarios podían e poden desaxustar un sistema que debe estar en permanente dinamismo.

En Galicia hai un vintedúas titulacións universitarias que o pasado curso non chegaron ós vinte alumnos, en tanto que hai outras con demanda que cuadruplica ou quintuplica a capacidade de admisión de aspirantes. Suponse que algunhas especialidades non cumpren as espectativas dos estudiantes, en tanto que outras pola rendibilidade económica ou social atraen en demasía ós futuros profesionais.

A orientación previa debe reforzar o seu papel e motivar ós alumnos hacia especialidades que colmen aspiracións, informando axeitadamente sobre as realidades actuais e previsibles, que non teñen por que coincidir. E sobre todo mellorar a imaxe da rendibilísima formación profesional, que continúa devaluada socialmente, en tanto que no aspecto económico está perfectamente valorada.

A ensinanza universitaria non é unha panacea. Nin garantía ningunha a priori, aínda que o relumbrón social a manteña en primeiro plano. Imponse información sobre as ensinanzas, cultura sobre a cultura, para evitar graves frustracións.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES