Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aspnais e o Belén de Begonte

jueves, 01 de febrero de 2018
O sábado pasado, pechou o Belén de Begonte, ese Belén que naceu no 72, e anda preto do medio século, pero se se lle notan os anos é pola experiencia conseguida, e porque cada vez sabe del máis xente e máis lonxe.

Que, de todo, non é verdade que pechara – pechou oficialmente- porque o domingo seguíu acudindo xente, e as portas estiveron abertas de novo.

Entre os premios que se entregaron dos diversos certames culturais convocados, chamoume a atención o primeiro premio de poesía, recibido polo escritor e profesor Xosé Otero Canto, por un poema titulado “Xesús e o malabarista”, onde o poeta fala de que visitan ao neno Xesús no portal freiras e frades, un poeta, un pintor, un violinista, e un malabarista.

O malabarista resulta ser un neno de Aspnais, da asociación de país e titores de persoas con discapacidade intelectual de Lugo, que acude a ver a Xesús ao portal, e para entretelo sacou dos petos unha presa de laranxas e púxose con elas a facer xogos malabares, de xeito que “Xesús moito sorría / e tamén palmas batía / decotío sen parar”.

Afirma o poeta que “Díxolle a Virxe María / a Xesús polo Nadal / que a mozo de tal valía / un bico tiña que dar, / e Xesús sen máis porfía / céiballe un bico ao pasar / e as laranxas que sacara / en “chuches” fai transmutar / para os nenos que chegaran / ver ao Belén abanar / cal do viño se tratara / nas vodas de Canaán”.

Esto foi en Begonte. Pois hoxe vai ser en Lugo, porque á unha da tarde, na Biblioteca Provincial, inaugúrase unha mostra de obras de 16 grandes fotógrafos, con anacos literarios de 31 escritores –entre os que está Otero Canto-, sobre Aspnais e a súa obra inmensa en relación coa discapacidade, desde hai xa máis de medio século. E alí, diante de medio cento de usuarios desta entidade, Otero Canto contará de novo, a historia do neno de Aspnais ao que Xesús deu un bico por tan ben manexar unha presa de laranxas.

Empecei dicindo que pechou o Belén de Begonte. Non fagades caso: Xusto dentro de dez meses volve abrir.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania