Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A mellor profesora, o mellor mestre

viernes, 02 de febrero de 2018
Alumnos e profesores despiden a Alain Dounat. Ou a Juan Antonio González: un corredor de cariño e aplausos despois dunha vida nas aulas. Xubílanse. Difícilmente poderían ter agasallo mellor para unha tarefa vocacional tecida de entrega e bo humor, de respecto e cariño.

Os seus nomes saltaron aos medios, pero son centos de profesoras e mestres contruíndo cada día, afastados do ruído mediático, unha sociedade mellor. Aprendendo a aprender, sempre pendentes do mandato de ensinar a quen non sabe. Semella unha parvada pero é cousa ben necesaria en tempos de insolidariedade onde centros de élite e diñeiro escollen alumnado e semellan seren 'hospitais' dedicados a 'curar aos sans', abandonando aos 'enfermos'.

Eric Hanushek, pioneiro da economía da educación, non é un dogma de fe pero di cousiñas interesantes: 'se un país tomara en serio o debate de como mellorar as escolas, debería poñer aos mellores profesores nos centros máis difíciles'. Sucede o contrario. Apóstase pola segregación de sexos, conflictividades, economías. Atendendo ao curtopracismo, ao egoísmo e a cegueira dos pais, hai centros que expulsan aos torpes e conflitivos ata que acaban en centros-gueto. Alí recalan alumnos das minorías étnicas, fillos de familias desestructuradas e con menos recursos.

Hanushek di que o éxito académico depende da formación dos profesores e recomenda multiplicar medios nos centros máis difíciles. As súas palabras resaltan sobre declaracións de representantes de centros privados e concertados que elixen alumnado e din aínda que non é certo, que os seus alumnos custan ao Estado menos que os da escola pública. E qué, se costaran máis? Sería razoable porque nada hai tan inxusto como tratar igual aos que son desiguais. E a educación ten a obriga de dar oportunidades aos que familia, lugar de nacemento e situación económica, nega.

Outro informe de J. Calero e J. Oriol sinala que 'alumnos de familias que dispoñen de recursos socioeconómicos baixos resultan máis afectados ante as variacións da calidade do profesorado' e que ter un gran profesor supón 30 puntos de diferencia no sistema internacional Piris. Cando investigan onde traballan constatan que os bos profesores están sobrerrepresentados en centros privados, concertados e públicos situados en zonas de alto nivel socioeconómico.

Unha boa medida sería poñer aos mellores profesores nos peores centros, investir alí máis soldos e recursos. Sen ese cambio educativo perpetuarase unha escola desigual e segregada onde mesmo os que naceron da fermosa ideoloxía de apostar polos últimos dispútanse o privilexio de ensinar aos 'sans', aos máis ricos e intelixentes. Xusto os que menos necesitan mellores escolas, ao mellor mestre, á mellor profesora.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES