Está ó noso alcance
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 01 de febrero de 2018
Os soños, soños son.
Pero os soños son necesarios.
Moitísimas persoas loitan por conseguir os seus soñose os seus soños fanse realidades.
O que non ten ilusión por vivir
¿Qué tipo de vida ten?
Necesitamos ter algún ou moitos soños polos que loitar; e se loitamos con perseverancia, algo sempre conseguimos.
-O MUNDO ESTUDIANTIL SOÑA CON SER UN BO PROFESIONAL NAQUELO QUE LLE GUSTA.
Grazas a ese soño, esfórzase todo canto pode e máis tarde ou máis cedo-, consegue aquelo que tanto desexou.
E de aí sae un bo profesional.
-MOITAS PERSOAS SOÑAN CON FORMAR UNHA FAMILIA FELIZ.
Plantéxanse a vida en serio.
Dialogan incansablemente.
E conseguen unha familia feliz.
¿Por qué?
Porque saben regar e mimar a súa felicidade.
E son felices.
Cónstame que hai moitísimas familias felices.
-MOITAS PERSOAS SABEN SER FELICES NA ENFERMIDADE, cousa nada doada; pero tampouco imposible.
Hai persoas que nacen enfermas.
Hai persoas que están enfermas sendo aínda moi novas.
Outras perden a saúde de adultos.
E outras, as máis lonxevas, aceptan a ancianidade con serenidade.
En calquera dos casos, acepta-la realidade supón moito esforzo.
Pero a persoa que acepta a súa realidade, é feliz.
Preguntarase vostede:
¿Cómo pode ser feliz tendo problemas?
Pode ser feliz porque comprende que ten a mellor vida que pode ter nas circunstancias que lle tocou vivir.
¿A quen pode reclamar?
A ninguén.
Non pode pedir máis, porque a vida é un regalo.
ADMIRO AS PERSOAS QUE SABEN SOBREPOÑERSE Á ADVERSIDADE.
E hai moitas, moitísimas.
-Admíroas polo valor que lle botan á vida.
-Admíroas pola súa paciencia. ¡Santa paciencia!
-Admíroas pola súa capacidade de loita positiva e silenciosa.
Non alborotan, non fan ruido:
Son como unha vela que se vai gastando en silencio ó mesmo tempo que dá luz e calor toda a súa vida.
Ese tipo de persoas son luz e calor para o mundo.
E haber, hainas.
Eu coñezo bastantes; pero necesitamos máis porque:
-O mundo precisa persoas-luz.
-O mundo precisa persoas-calor.
-O mundo precisa vida.
Está ó alcance de todos ser portadores de luz, calor e vida.
PORTADORES DE LUZ, CALOR E VIDA
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por todo canto ben deixa feito, máis tarde ou máis cedo, volverá a vostede en sinal de agradecemento.
Non se perde nada.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora