Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miscelánea Focense: Pregón de Festas

martes, 14 de agosto de 2007
Unha das acepcións da palabra pregón é, según o diccionario:” parlamento que se fai en voz alta nos sitios públicos de algo que convén que todos sepan” ou tamén “unha alocución eloxiosa pola que se anuncia ó público a celebración dunha festa ou acontecemento para incitalo a participar nela”, e pregoeiro “o que publica ou divulga unha cousa que se ignoraba”.

Estas, con outras variantes, son as que nos ofrecen os manuais, en definicións lacónicas que expresan con toda simplicidade os devanditos conceptos, pero que no caso de certos pregóns, a natureza do feito pregoado e as circunstancias que concurren no pregoeiro, danlle á proclama un sentido especial.

Os pregóns de festas teñen, por sí mesmos, unha singular emotividade porque, en xeral, son os sentimentos os que poñen voz ós mesmos; non é a cabeza, senon o corazón o que se expresa; non é a razón, senon os afectos quen inspira as verbas do pregoeiro, e xa se sabe que o corazón non entende de medidas nen de exactitudes…

A lectura do pregón do San Lourenzo é unha xa vella tradición na nosa vila; que nos lembremos pode datar do ano sesenta, aínda que non de forma ininterrumpida, e pola tribuna pasaron xentes focegas ou que, salvo algunhas excepcións, tiveron nalgún momento das súas vidas unha significativa relación co noso pobo.

As festas patronais da nosa vila tomaban este ano a arrincadeira co pregón que na Casa da Cultura Poeta Manuel María pronunciaba o domingo, día 5, José Ramón Infanzón, unha persoa que pode considerarse arquetipo daquela que, sen ser nativa, acadou unha plena identificación coas xentes e cos aconteceres da sociedade focega.

Ninguén dubida que o amor ó curruncho da nacencia non pode ser sustituído polo amor a outros espacios e tempos que a vida nos vai deparando. “A miña patria é a miña infancia”, dixo Rainer María Rilke; para Alvaro Cunqueiro é “a terra e os mortos”; o poeta ruso Lermotov decía que “a patria é alí onde nos aman” ; Cicerón dixera que “a patria está ondequeira que te atopes a gusto” e Sócrates proclamárase “cidadán do mundo”.

Hai persoas, sen embargo que, sen renunciar ós seus quereres primixenios, tiveron ó longo das suas experiencias vitais, a oportunidade de ampliar o mundo afectivo gañando novos amores e polo tanto enriquecendo o bagaxe dos seus sentimentos. Ése é, con relación a Foz, o caso de José Ramón e de Angelines.

Integrados na xeografía física e humana da vila, teñen por aposento un lugar que é avanzada do Foz mais tradicional e carismático; alí onde os vellos mariñeiros tenderon as redes ó sol, deixando ás suas costas a voráxine urbanística para poder soñar paraísos contemplando polo fronte o horizonte do mar infindo: o “Prado de Ramos”, que non sabemos se é de “Andarramos” ou “Danderramos”, pois das tres formas o coñecemos.

Daquel lugar bravío, o historiador de hirsuta barba, Lence-Santar e Guitián, no seu poema titulado “No porto de Foz”, dixera: “Baten contra Danderramos / as feras olas do mar; / bater baten coa alma / pero o cabo rexo está”. Unha descripción que dalgún xeito nos lembra a traxedia do noso mar.

José Ramón Infanzón é cidadán do mundo; nalgunha medida a dedicación profesional o esixe, pero dada o súa personalidade de xenerosa participación nos acontecementos sociais, culturais e deportivos do seu entorno, e o seu carácter afable, cordial e mesmo agarimoso, é persoa querida, e entre nós atópase a gusto e seguro que ten por primeira patria a súa infancia e ama á súa terra e ós seus mortos; personifica, polo tanto, as definicións dos cinco persoeiros antes citados.

O pregón do San Lourenzo 2007 foi, fundamentalmente, un canto de amor ó noso pobo e ás súas xentes; ós nativos e tamén a aquéles que, como él, viven e conviven neste espacio xeográfico e humano, que é a vila de Foz. Foron os sentimentos os que puxeron voz ó pregón.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES