Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de orballo

miércoles, 31 de enero de 2018
Viaxe Feliz

Balbino Romano Tatexo foi a Vigo. Porque Balbino, a súa dona Baia Elocuente Suárez e o seu fillo Hades Romano Elocuente tiveron que ir a Vigo. Para iso madrugaron algo máis dun día normal. Perdón, madrugaron a nai e o fillo, porque Balbino, aínda madruga máis os demais días, menos sábados, domingos e festas de gardar. Pois iso, madrugaron, almorzaron, colleron o seu cochiño e marcharon. A mañá estaba medio chea de néboa. Pola zona de Melón e A Cañiza chegou incluso a marmañar. Balbino, Baia e Hades chegaron ben a Vigo, é dicir, sen ningún contratempo. O do contratempo ben porque a cada sitio descoñecido que van, case sempre se perden ou, mellor dito, erran no seu traxecto. Pero hoxe non, hoxe chegaron ben. Porque Balbino Romano Tatexo, o día anterior, estudara, analizara, incluso debuxara o percorrido. Quedoulle agradecido ó moneco ese dos mapas do guguel. Si, home, a Pingas de orballoese que o sitúas na rúa e clic a clic lévate por onde ti queiras. Balbino quería ir a un sitio concreto e alá chegou coma un bendito. Non se perdeu. Ó pouco de chegar, Baia Elocuente Suárez tirou para un lado e o seu home e o fillo dedicáronse a patear Vigo. Ás tantas horas quedaron onde o coche e volveron para a casa. Viaxe feliz. Claro que Balbino Romano Tatexo é feliz de calquera maneira.

A violencia do ser humano

Xera o fútbol violencia? Quen xera a violencia, calquera violencia é o ser humano, non son as circunstancias. Así é que non lle botemos as culpas ós xogos, ó cine ou incluso ás propias armas. É o ser humano, que ten a mente podrecida. O ultra Ignacio Racionero seica é o presunto autor de asestarlle tres puñaladas a un mozo de 22 anos. A maiores disto, o tal “anxiño” semella que ten un amplo historial delitivo. No seu caso si pode haber unha circunstancia: que a xustiza é completamente inepta por deixar libre a certo elemento. O pai do xogador nº 9 do Pabellón B da segunda categoría benxamín de fútbol 8 da nosa provincia debería caerlle a cara de vergonza ante o espectáculo que deu diante duns cativos, diante do seu fillo a base de insultos e ameazas á árbitra de tal partido, que, moi perfectamente, pola idade, podía ser tamén filla súa, chamándolle subnormal, burra e outras “lindeces”. A mente deste pai, á parte de estar podre, está chea de veleno e, pola súa acción, intenta introducirllo, inculcarllo ó seu propio fillo. Teñamos en conta que os fillos adoitan seguir os exemplos dos pais. Se eu pertencera á federación de fútbol, este señor, por chamarlle dalgunha maneira, sería desterrado per secula seculorum dos campos de fútbol, perdón, de calquera campo deportivo.

Vai ser complicado, pero...

Vai ser complicado. Moi complicado. O de subirme ó asteroide 2002 AJ129. E coas ganiñas que eu teño de andar, de viaxar por eses lares espaciais! Seica o día 4 de febreiro pasará moi cerca da Terra. É a miña ocasión! Pero a complicación consiste na velocidade do asteroide. A ver quen o pilla a 34 quilómetros por segundo! Iso é moito máis rápido có AVE! É coma dicir siuuunnnnn e xa está! Se aínda o mandase deterse. Pero non me vai facer caso. Normal; tería que empezar a frear xa desde moito máis alá do espazo infinito. Eu tampouco teño ningún aparato que se poida poñer á súa altura; nin tan sequera un posible achegamento. Ui se me puxera á súa altura!; tirábame en barrena. Empezo a pensar en calcular a distancia, a velocidade e o salto (no caso hipotético de Pingas de orballopoñerme por enriba da súa traxectoria e saltar) para aterrar nel. O peor é se fallo. Seguro que me esnafro ó chegar á Terra. O asunto ten o seu aquel. Tanto que xa empezo a suar coa angustia. Co bonito que sería viaxar polo mundo galáctico a esa velocidade! Teño ata o día 4 para planear algo. Se o día 5 non me ledes neste xornal é que larguei, é que o conseguín, que me agarrei ó asteroide. Desexádeme sorte.

Alma delitiva

A violencia case se pode dicir que é a raíña e señora das nosas vidas desde que o mundo é mundo. Aínda que teñamos un corazón de ouro (por exemplo, o meu), sempre haberá un momento no que estouremos de tal maneira que ata nós mesmos quedaremos totalmente atrosmados, apaiolados. E nese momento, se fai falta rebentamos o mundo. Non vou analizar aquí se antes había máis violencia que agora. Eu penso que igual, que a violencia está no ser humano, e por moito que digamos que a educación tal ou cal, creo que son trapalladas. Porque desde sempre sabemos que a violencia é mala. Para que queremos máis educación? Vén toda esta parola a conto porque alá polo 20 de maio de 1905 en Baños de Molgas promoveron unha liorta Antonio Garrido Carballo, veciño de Presqueira, e Ángel Losada, de Froufe. O peor parado foi o de Presqueira, Antonio Garrido, que resultou gravemente ferido de tres puñaladas no costado esquerdo. Nada de hostias... a navallada limpa! Eramos bestas antes e seguimos sendo bestas hoxe. Os xornais todos os días sacan sucesos como aqueles. Ou peores aínda. A natureza humana ten alma delitiva.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES