Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Sinaturas

martes, 30 de enero de 2018
Vaia por diante que, polo que me informei, tanto dentro coma fóra do hospital, parte de razón seica lles asiste na reivindicación na que andan ensarillados os traballadores e pola que andaron esta semana pasada a recoller sinaturas de apoio por parte dos usuarios co fin de evitar -dicían- o peche de camas no novo edificio.

Sen meterme en profundidades informativas -que non é o obxecto desta columna, entre outras cousas, porque que xa foron abordadas por outros compañeiros neste xornal- e explicando, polo tanto, o que eu interpretei, dun xeito moi resumido, seica hai un problema de asignación de ratios de persoal (enfermería, auxiliares, limpeza, etc.) respecto do número de camas que teña asignada cada planta, polo que a administración sanitaria seica quere contabilizar cinco camas por planta menos, de forma que así non vexa superada a ratio prevista e poida evitar a contratación fixa dun determinado número de persoal por planta, que só contratará de forma esporádica cando ocasionalmente teña que ofrecer servizo hospitalario nesas habitacións non ocupadas.

Vaia por diante, entón así, a miña solidariedade co persoal hospitalario, malia que fun dos que non estampei a miña sinatura nos documentos nos que eran recollidos en distintos estantes e mostradores dos diversos edificios que hoxe conforman o complexo hospitalario.


Simplemente, a persoa que me pediu a sinatura, non alcanzou a explicarme polo miúdo o que agora escribín eu e á pregunta de se había algún documento que explicase a razón da protesta quíxome "despachar" cuns xenéricos "o xerente non no lo vai recoñecer" e "xa está explicado na prensa", que, unido á indefinida redacción de cabeceira do documento, recomendoume seguir para adiante sen cumprir coa miña firma, tal como debería ter feito.

Ó día seguinte desta demanda de colaboración por parte dunha das traballadoras do hospital, escoitei unhas declaracións dunha voceira dalgún sindicato nas que dicía que tiñan como respaldo 13 mil sinaturas de parte da sociedade ourensá. E velaí onde asenta a reflexión -que non, unha crítica- que pretende esta columna, porque a miúdo o desexo supera a vontade -neste e outros aspectos da vida- e pretendendo a máxima eficiencia cométense pequenas fallas que logo un pode lamentar.

Non lle minto nadiña se lle digo que en máis dunha ocasión tiven á man marchar con algún papel cheo de nomes, apelidos e números de documento nacional de identidade, colocados sen ningunha custodia inmediata en diversos espazos, ou mesmo fotografalos e facerme con datos persoais dun número significativo de xente sen que ninguén tivera reparado o máis mínimo do perigoso furto que estaría a facer; co que quero dicir que, se ben é un dereito procurar o apoio documental da sociedade, tamén debe ser unha obriga garantir o segredo dos datos persoais que esa sociedade deposita, en confianza e xenerosamente, neles.
Piñeiro, Antonio
Piñeiro, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES