Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Derrubar Celanova

lunes, 13 de agosto de 2007
Eu creo que as paredes, as casas, os monumentos, se impregnan do que no contorno delas pasa. Que unha casa queda marcada pola vida das súas xentes, que unha parede ten como un soporte sensible –imposible cliché- que absorbe anacos vitais da xente que disfruta, sofre, vive ó seu pe.

Por eso, ver unhas pintadas no mosteiro de Celanova non me pareceron en principio unha agresión ó patrimonio. A agresión aconteceu hai xa algo máis de setenta anos. E o mosteiro quedou gafado para sempre.

Cando un edificio relixioso, consagrado ó Señor, se vai dedicar a outros fins, compre celebrar unha ceremonia de “desconsagración” que o convirta nun edificio “seglar”.

Seguro que en Celanova, na exclaustración, houbo pranto monacal e cerimonia que prepararon o monumental edificio para a vida civil, mesmo para o esquecemento e os usos máis vulgares. Máis non para a represión e para o crime.

Convertir Celanova, o seu convento, nun lugar de prisión, suplicio e morte, horrorízanos hoxe como arrepiou onte e sempre á xente de boa fe. E desde aquela é ben difícil ver este monumental conxunto de xeito impasible.

Non obstante, non podemos pensar en derrubar o mosteiro de Celanova, que sería darlle a razón ós asasinos que o malusaron un tempo.

Habería que celebrar unha ceremonia de consagración laica para dicir que o humano volve ter cabida neste lugar e en tantos outros dos que imos tendo noticia, tan tarde.

Derrubar o vello mosteiro de Celanova, moralmente, para poder gozar de novo plenamente da magnificencia da historia e arte que o tempo permitiu chegar ata nós.

E ir esquecendo un tempo no que a ignominia se asentou entre os nosos pais, os nosos avós, a inmensa maioría inocentes. A inmensa maioría, inocentes, dun e doutro bando.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES