Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ir facendo

lunes, 29 de enero de 2018
Hai uns días, en Chantada, escoitei falar das limitacións que a declaración de Ben de Interese Cultural da Ribeira Sacra tería para aquelas ribeiras, e iso fíxome pensar nas limitacións xerais e no serio que se está poñendo a construcción no noso rural, onde por fin se pon rigor, e algúns afectados ben que o están notando.

Aquelo de “ti vai facendo”, que se levaba en tempos acabouse, como se acabou o de pedir licencia para facer un alboio e acabar construíndo un chalet de sete estalos. Como se acabou o de non facer proxecto de obras para moita construcións.

A Xunta ten a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística que anda ben lixeira, chegando a tramitar expedientes de parcelación de fincas feitas e vendidas moito antes de que nacera a propia Axencia, como ten ocorrido en Castro de Rei. E todo isto, apoiado nos novos sistemas informáticos, en planos precisos e actualizados, en fotografías aéreas que permiten coñecer o estado de terreos e edificacións nun período de tempo.

Que está moi ben esta dilixencia nunha terra coma a nosa tan necesitada de regularización, de seriedade, de planificación, de eliminación do feísmo… pero non estábamos afeitos a unha seriedade así e colleunos un pouco de sorpresa esta rigurosidade precisamente nun rural onde os costumes e deslindes, cierres, construccións, cores, materiales e estilos sempre foron tan libres como os ventos que agallopan a Chaira.

Hai uns días tivemos en Vilalba un exemplo de cómo funcionan agora estas cousas cando unha veciña do rural do concello aceptou unha condena dun ano de cárcere e multa de doce meses a razón de catro euros diarios pola construcción dunha casa en sólo non urbanizable segundo as normas de planeamento nun contorno de explotacións agropecuarias.

Exemplos coma este, cárcere, multa, coa casa que xa fora derrubada, desaniman a calquera que queira imitar o vello estilo de “ir facendo”, e convencen –parodiando a Fernando VII- “de ir todos, e nós os primeiros pola senda”, neste caso, da legalidade urbanística.

Agardemos que desta firmeza se derive unha sensible mellora organizativa e estética do rural, e do ánimo de cumprir a normativa en vigor, que ás veces fáisenos moi costa arriba.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania