Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Verdades de entroido

miércoles, 31 de enero de 2018
Rematado o Nadal, empeza o que para min é o ciclo máis fermoso do ano: o entroido, unha época na que afloran as verdades dunha maneira drástica, sen filtro algún para poñer negro sobre branco a realidade. Desta volta veñen cobrando forza temas como a corrupción, o proceso catalán ou o caso da manada. Vivimos anos de entroidos sociais que denuncian con humor a realidade.

Esta semana fixeime nunha chirigota chamada “La playa” que critica un españolismo de bandeira que non pasa de axitar a súa rabia contra Cataluña ou nun campo de fútbol que como sabemos é o mellor opio para anular o pensamento. Di esta chirigota: “pero qué pena españolito que esa rabia no te diera de igual manera al ver a tantos jóvenes exiliados, españoles cruzando la frontera!”. De esta maneira La playa critica un país que se volveu monotemático a base de obviar multitude de problemas que a crise nos deixou e que ninguén parece interesado en solucionar: dereitos que se perderon, precariedade laboral, deterioro da sanidade pública, aposta polo sector privado fronte o público, educación e un longo etcétera.

Fronte a isto o entroido vén para abrirnos os ollos a unha realidade que só nós podemos remediar. Quizais sexa a época do empoderamento, de dicir e propoñer solucións dende o humor. Por iso, compre saber escoitar e reflexionar sobre as verdades do entroido, porque nelas fica unha especie de estado de ánimo do país. Aínda que se non se quere escoitar sempre quedará a opción da mordaza...
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES