Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Copa: contra a ditadura dos grandes

lunes, 29 de enero de 2018
Que bonita é a Copa! A Copa do Rei de fútbol, se entende. A Copa é o trofeo, a competición na que os pobres se poden erguer contra a ditadura futbolística de tan só dous clubs españois, na que os modestos lles poden levantar a voz ós todopoderosos, na que os pequeniños lles poden mirar ó ombreiro a eses xigantes económicos ou cheos de estrelas ou galácticos.
A Copa: contra a ditadura dos grandes
Na Copa penso que ata aquel afeccionado que non é moi fanático do seu equipo non lle parece mal que este quede eliminado por un equipo modestiño. É o cariño que lle se ten á Copa. A maiores de que se xoga doutra maneira; nesta competición non se especula, hai que meter goles se queren pasar á seguinte rolda. Na Copa vaise co débil.

Seguro que o outro día a moitos madridistas non lles importou que os eliminase o Leganés. O mesmo lles pasa ós blaugranas cando os elimina, por exemplo, o Novelda ou o Figueres. Na Copa, o 90% do público está cos máis pobres. Porque sabemos que é a única competición na que poden dar a sorpresa.

A Liga é tan longa que, ó final, pon a cada un no seu sitio, é dicir, ó poderoso arriba e o pobriño á segunda división. Pero na Copa, ah, ó ser eliminatoria, nun partido que che poida saír algo ben, pois igual te lle atragoas ó que gana os partidos sen baixarse do autobús. E aínda deberían ter máis vantaxe da que teñen. Por exemplo, a que as eliminatorias foran a partido único, no campo do peor clasificado. Xa veriades como os grandes non xogaban co plan B e como os pequenos tiñan algunha opción máis de seguir na única competición na que poden facer algo. Fan de comparsas, de sparrings todo un puto ano; así é que xa vai sendo hora de que se lles suban ás barbas ós grandes púxiles. Como me gustaría que ganase a Copa o Leganés ou o Sevilla ou o Valencia. Ánimo, Leganés!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES