
Depois do acordo parlamentar para recuperar os frescos da igrexa do Século XVI, urxente acometer a posta em valor da escola Habaneira da Conchada nos Vilares.
A Asociación Socio-Cultural lareira de soños dos Vilares enviará um escrito aos grupos municipais do Concello de Guitiriz e aos grupos políticos da Deputación Provincial para reclamar o compromiso de todas formas de cara ao vindeiro mandato para acometer a reforma e posta en valor dun inmoble que cumprirá cen anos em 2023 e que foi levantado coa aportación dos emigrantes ao igual que outras escolas indianas en moitas parroquias de Lugo. Non hai mellor homenaxe a aqueles promotores da cultura desde a emigración que recuperar para uso social aquelas escolas. A escola Habaneira da Conchada nos Vilares foi protagonista dun libro do actual Deán da catedral de Compostela e ex párroco dos Vilares, Segundo Pérez. A mellora da habitabilidade, accesos, illamentos e calefacción, así como a dotación para o seu uso sócio cultural con mobiliário e equipamentos acaídos deben ser asumidos polos grupos municipais no seu programa e incluir proxecto e dotación económica para o mesmo, a reforma e a dotación de mobiliário e equipamentos.
A revitalización do rural non pode quedar em meras palabras e intencións senón tamén en dotacións que incentiven a participación social e a calidade de vida. Dotar ao rural con centros sociais dotados coas últimas tecnoloxías, habitables e funcionais é fundamental dada a actual situación de envellecimento e despovoamento. Si ademais desto falamos de património público e con tal carga histórica para a parroquia, que veu pasar a centos de veciños para aprender as primeiras letras entre as suas paredes, entre elas o poeta Diaz Castro, o compromiso de intervención e mellora, está mais que xustificado. Para esto, a Asociación Socio-Cultural lareira de soños elaborará um informe que fará chegar às diferentes formas políticas, coas que ademais solicitará reunións nas que de paso pmantexar outros asuntos relacionados coa parroquia.