Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emerxencia regresiva

jueves, 25 de enero de 2018
Tal vez vostedes, amigos lectores, perciben tamén que estamos vivindo nunha etapa da historia da humanidade ben chea dun máis ou menos sutil desconcerto. Non é fácil concordar os beneficios dos indiscutibles avances científicos cunha serie de eventos socias propios doutros estados da evolución humana, especialmente no ámbito social, en xeral.

Pero, se estendemos a racionalidade cara ás mesmas ciencias, tampouco é difícil percibir como os intelectuais dedicados a investigación na realidade física non se ven libres de estrañas e sorprendentes sorpresas, encontrándose obrigados a utilizar unha complicada linguaxe matemática para poder expresar a complexidade estrutural da realidade. Outra sorpresa desconcertante máis, que nos traen os nosos tempos.

Pero diferenciemos o desconcerto xerado por regresión do xerado por progresión. O primeiro adoita producirse no ámbito da sociedade; e o segundo, na profundidade do coñecemento científico, especialmente na realidade cuántica. Nos eventos sociais son relevantes as decisións do home, que poden emerxer con propiedades subconscientes dunha etapa primitiva na evolución humana, do cerebro réptil, e, incluso, do “sistema límbico”; en cambio, nos avances científicos, que desvelan estruturas descoñecidas e outras leis estrañas a física clásica newtoniana, son produto do esforzo do cerebro do home actual, dotado de capacidades adecuadas, sen desprezar os aportes cerebrais de etapas evolutivas precedentes, que tamén están presentes.

En todo caso, reina o desconcerto, e o papel das etapas polas que pasou o noso cerebro non é irrelevante. Permítanme traerlles aquí, en relación con esta temática, unha interesantísima achega que o Maxistrado D. José Ramón Chaves fai no campo do Dereito, establecendo correlacións con elas, na súa obra “La mirada de Einstein al universo jurídico” (Ed. Amarante, Salamanca, 2.015), aplicando o darwinismo ao ámbito xurídico. Destacan as regras draconianas na etapa de cerebro réptil, propias do Código de Hammurabi; as de inspiración “límbica”, no Dereito Romano, e as da racionalidade moderna, derivadas do córtex.

Pero o desconcerto social regresivo ten unha especial complexidade, porque aquí é o home quen introduce compoñentes deliberativos nos eventos sociais, de natureza política, económica, ética, estética, etc., con implicacións das funcionalidades desas distintas etapas cerebrais, que comprometen as diferentes expresións culturais, entendidas en sentido amplo.

Son numerosos e especialmente matizados os exemplos. Na actualidade parece que existen persoas humanas que se empeñan en establecer unha maquinaria, que xa está globalizándose, para propagar e manter falsas crenzas. Unha evidencia da preocupación deste fenómeno social podemos encontrala nos estudos dos investigadores da “política da ignorancia”, como é o caso de Robert N. Proctor, que explica Historia da Ciencia na Universidade de Stanford. Nunha entrevista que lle concede a Elena Sanz, emprega o termo AGNOTOLOGÍA (do grego “agnosía” = descoñecemento, ignorancia, escuridade, e “logos”, tratado, etc.), precisamente para designar o estudo do que chama “política da ignorancia”. Traballa en campos diferentes, utilizando, segundo el mesmo di, tres principios emocionais: “asombro”, para as ciencias; “compaixón”, para comprender de que maneira viviron os nosos antepasados, e “crítica”, para descubrir os lixos que hai no mundo.

Evidentemente, este estudo, xenericamente, está centrado nos fenómenos sociais regresivos, algo así como se a evolución cultural estivera azoutando a racionalización clásica para acadar novas formas de convivencia. E se nos situamos aquí, non parece desproporcionado ter moi presentes as etapas evolutivas do cerebro humano, cuxa EMERXENCIA, ao servizo da dinámica da evolución, non se pode descartar, aínda que disimulada, máis ou menos conscientemente, por un espurio amaño desde a racionalidade instrumentalizada polas capas corticais.

Incluso podemos realizar un exercicio de constatación de todo isto reflexionando sobra a nosa situación macro–social na UE, onde latexa unha certa opinión de que existen máis ou menos solapados síntomas que acusan a existencia de tendencias desintegradoras (Ivan Krastev, Lukovit, Bulgaria), e os gobernos comunitarios deberían non desentenderse disto, porque “volver ao pasado é unha posibilidade que non se pode descartar”, xa que “nos procesos de desintegración non sempre deciden as maiorías”, aínda que as ideoloxías dos nacionalismos perdan atractivo, véndose enervadas no vigor das súas pretensións pola imposición global da doutrina económica liberal. (Consulten os interesados na temática os traballos pertinentes de Krastev).

Así, pois, como se deduce do exposto, estamos inmersos nun mundo DESCONCERTANTE; pero, sen embargo, é preciso facer unha importante distinción entre o “desconcerto propiciado polo mesmo home”, en clave regresiva e potenciado por argumentos espurios, e o “desconcerto derivado do desvelado nos espazos micro da realidade científica”, en clave progresiva: en canto ao primeiro, considerámolo como EMERXENTE dunha realidade persoal que ten en diverxencia as entidades socias institucionais habituais e establecidas con pretensión de certa estabilidade, a cuxa diverxencia da un fundamento problemático, de predominante orixe límbica; mais, o segundo, sen excluír o seu influxo social, aniña no que a realidade científica oculta nas súas estruturas profundas, e esixe unha esgotadora actividade intelectual para desvelalo e conceptualo dentro das esixencias epistemolóxicas impostas polos novos canons do seu coñecemento.

Até onde podemos subsumir os desconcertos dos eventos xerados polo independentismo catalán no aquí exposto, cunha visión crítica contextualizada, non parece fácil de determinar, posto que encontrámonos con persoas que actúan, non só motu propio, senón tamén respondendo a variados estímulos xerados nun ámbito de actitudes regresivas, acubilladas no exercicio da “política da ignorancia”, que transmuta argumentos e principios de indiscutible validez noutros supostos políticos.

Pero, polo menos, penso que neste marco expositivo cabe resaltar o grao de mentira, utilizada como principio xustificativo da regresión, e a vil hipocrisía que traizoa por disimulo os propios sentimentos e principios da persoa, para xustificar as súas actitudes regresivas e irresponsables.

Introducir o desconcerto na mesma investigación estritamente científica parece innecesario para abordar o das condutas regresivas na sociedade; pero non podemos omitir a relevancia e funcións sociais dos científicos, cuxas opinións teñen un considerable peso nos ámbitos político, económico e docente, e non é nada sorprendente velos actuar nas institucións das que forman parte, solidarizándose cos axentes xeradores dos desconcertos sociais regresivos, porque neles a esperanza de que deveñan frutíferos, que extrapolan, é un eficaz catalizador na súas actividades profesionais; pero tampouco están libres de caer en extravagancias e de errar nas metodoloxías aplicables. Así, pois, establecer as diferenzas apuntadas arriba, parece pertinente para dar razón dos estraños comportamentos en singularidades persoais das que só se esperaba un enriquecemento académico do sentido común.

Seguramente o caso Puigdemont poida ser explicado como unha singularidade que conxuga dinámicas cerebrais regresivas, de matiz infantil, cun ambiente catalizador de emerxencias do mesmo signo, e non tanto polo obxectivo que uns e outros perseguen canto pola extravagante instrumentación dos medios. O desfase do seu maxín evidénciase nas incoherencias que cada día nos ofrece apoiándose en irrisorias argumentacións, sen nin tan sequera albiscar que está de portalón da perigosa vangarda dalgúns burgueses, cuxa insistencia en colar a súa hipocrisía como expresión de autenticidade raia o ridículo, sen reparar que hipotecarse á necidade, buscando acubillo ao disimulo das condutas aberrantes, esixe unha inscrición no rexistro da opinión pública que cerra os camiños de regreso á cordura, e vigoriza o DESCONCERTO, pola situación en significativos sectores demográficos.

O desconcerto no que vive este singular personaxe e as formas nas que evidencia a levidade sa súa realidade persoal, fai que el mesmo obnubile calquera vinculación consciente que puidera incardinalo como epígono dunha tendencia social dalgunha entidade, porque sempre aparece na superficie dese desafortunado e presuntamente delituoso evento político catalán, coas erráticas traxectorias que lle impón a vaga de cada instante.

Leo un proverbio chino que me parece moi apropiado a esta lamentable situación, que di: “O sabio pode sentarse nun formigueiro; pero só o necio se queda sentado nel”. E danos a razón disto Napoleón cando afirma que o necio ten sempre unha vantaxe sobre o home de talento, porque sempre está satisfeito de si mesmo.

Pero, seguindo os acontecementos, moito me temo que o maior DESCONCERTO estea en vías de xestación: Que, neste singularísimo caso, SEXAN OS QUE SUPOÑEMOS ASISADOS OS QUE SE QUEDEN SENTADOS NO FORMIGUEIRO, MENTRES OS NECIOS VIAXEN CON RECURSOS PÚBLICOS. A solución está en chegar a tempo e decidir con caletre: Menos reiteración argumental, “archicoñecida”, e máis axilidade na aplicación dos Poderes legalmente atribuídos ao Estado, se queremos corrixir os erros nos que caeron gobernos moito máis preocupados de manterse no poder que en vixiar as posibles couzas dest,
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES