Á beira do Camiño: Santa María no Camiño
Mato, Xesús - viernes, 10 de agosto de 2007
ALGUNHAS festas a Santa María que se manteñen aínda vivas á beira dos camiños na provincia de Lugo. Velaí a mostra. Reflicten a presenza de mosteiros na entorna: Santa María de Meira, Pena Maior, Riba de Loio, Castro do Rei de Lemos e os da cidade de Lugo.
En agosto: Ollos Grandes (Cantigas Santa María Afonso X) e Santa María, A Nova (Lugo); Fonsagrada e Vilabol (Fonsagrada); Vilabade (Castroverde), Mosteiro e Ferreira de Pallares (Guntín) e outras nos concellos de Friol e de Palas do Rei, á beira do Camiño Primitivo.
No francés: Veiga de Forcas (Pedrafita), Vilavella (Triacastela), Vilar e Vilamaior (Sarria), Vilaragunte, Ferreiros e Miragres en San Martiño (Paradela); Santa María de Cortapezas e Gonzar (Portomarín), Santa María de Xián e os Miragres (Taboada). Desaparecidas, coa presenza da Orde do Temple de fondo, as da Nosa Señora das Neves nas capelas de O Temple en Pedrafita e na Ponte vella de Portomarín.
En setembro: Santa María, a Real, do Cebreiro (Pedrafita), Faro (Chantada, cantada por Xoán de Requeixo), os Remedios (Sarria, Alto do Cesar), a Pena Redonda e As Dores (Paradela) e a das Vitorias de Portomarín. Abondan en todas partes. Como dato significativo subliñamos que en Galiza, Santa María é titular de 791 parroquias e de máis de unha ducia de famosos santuarios.
¡Que tanto parentes e veciños que están fora por mor da emigración como peregrinos e turistas que nos visitan nestas datas gocen destas entrañables festas que tamén nós celebramos e compartimos con ledicia!

Mato, Xesús
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora