Farémolo polo noso propio ben
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 25 de enero de 2018
Cando facemos algo ben feito para todos, estamos facendo algo bo para nós mesmos.
E cando facemos algo bo para nós mesmos; tamén o facemos para os demais.
Polo tanto, todo o esforzo que fagamos por conseguir maior benestar para todos, será ben empregado.
Para que o mundo vaia mellor cada día, temos que empezar por concienciarnos de que cada acto, por pequeno que sexa, vai redundar en beneficio propio e no da comunidade.
Tódolos nosos actos teñen as súas correspondentes consecuencias:
-Se o ser humano mima a casa de todos, a nai natureza, está tratando
cariñosamente á humanidade e a cada persoa en particular.
Afortunadamente cada día son máis as persoas que extreman os actos da vida cotiá como: o uso adecuado dun ben tan valioso como é a auga, a recollida selectiva de residuos, a posta a punto do coche
-Se a xuventude se prepara debidamente para exercer con responsabilidade unha profesión, haberá bos profesionais a tódolos niveis.
Cada día que pasa a inmensa maioría da xuventude decátase de que hai que superarse todo o posible para labrarse un porvir, para fundar unha familia estable, para sentirse ben con un mesmo.
Lástima que haxa persoas sen escrúpulos, que non sei como calificalas (desalmadas) que botan a perder este divino tesouro.
Lástima, tamén, que haxa adultos que dan malos exemplos.
Se repasamos un pouco a historia, decatámons de que grandes imperios se derrumbaron por darse ó vicio.
Todos coñecemos algunha familia no noso entorno que botou a perder o seu futuro e o seu prestixio por un mal goberno da súa propia vida.
A MIN DÁME QUE PENSAR ESTO DE NON FUNDAR UNHA FAMILIA ESTABLE.
¿A onde queremos chegar?
¿A quen benficiamos?
¿Xa non nos interesa a nosa propia persoa?
TAMÉN ME DÁ MOITO QUE PENSAR COMO VE A INFANCIA ESTE TIPO DE CONDUCTAS:
¿Pensará que esto é o normal?
¿Sentirase ben con tantos cambios no seu propio fogar?
Estou convencida de que non.
Seguramente sufrirá moito e indudablemente repercutirá no seu rendemento académico, na súa vida emocional e no seu futuro.
¿CÓMO CONSTRUIRÁ A SÚA PROPIA VIDA DE PARELLA O DÍA DE MAÑÁ?
Non o quero nin pensar.
O que si quero pensar que conservarémo-lo sentidiño:
-QUE CONSERVARÉMO-LAS TRADICIÓNS QUE TANTO LLES COSTOU MANTER ÓS NOSOS ANCESTROS: as festas patronais, a misa dos domingos, a formación relixiosa da infancia, o respecto ás persoas maiores, a caridade cristiá...
-QUE VOLVEREMOS A DARLLE Á FAMILIA A IMPORTANCIA QUE NUNCA DEBERA PERDER: estabilidade emocional e temporal, seguridade para os seus membros, lugar de acollida nos momentos duros
.
-QUE LLES OFRECEREMOS ÓS NOSOS NENOS E NENAS UNHA EDUCACIÓN MORAL E RELIXIOSA: que saiban sentirse amados por Deus, que vexan nos outros criaturas divinas, que teñan unha guía espiritual na súa vida
-QUE SABEREMOS DARLLE O VALOR QUE LLE CORRESPONDE ÓS SERVIZOS PÚBLICOS: nada é gratis, todo ten un prezo, todo é froito do noso esforzo e do noso sacrificio.
Os servizos públicos pagámolos cos nosos impostos.
Estas e mil cousas máis están ó alcance de todos.
Se intentamos facelas o mellor posible, nós mesmos seremos os máis beneficiados.
Farémolo polo noso propio ben.
E deste xeito conseguiremos que se cumpran os desexos que nos formulamos nas pasadas festas nadalencas.
ESTÁ Ó NOSO ALCANCE
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora