Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A vida en cores

Santalla, Iago - miércoles, 24 de enero de 2018
Esta semana estiven vendo vídeos de xente que padece daltonismo. Resulta que hai unhas gafas que permiten unha nova visión en cor o que cambia totalmente as perspectivas destas persoas. O primeiro impacto é brutal, semella practicamente milagroso. É como anular unha forma de ver para percibir a realidade total. Por iso, o aflorar das emocións é inevitable.

Non cabe dúbida que a vista é o maior tesouro do ser humano, quizais o primeiro dos cinco sentidos. Nela temos o primeiro contacto co mundo, percibimos o seu movemento e o seu cambio dacordo cos ciclos naturais. Hai cousas e formas inexplicables para o que non ve. Por iso, é unha emoción moi forte ver de súpeto a realidade total. A cor ten moito que ver co estado de ánimo. Isto explica que a primavera nos leve á ledicia vencendo ao inverno cun mosaico de percepcións. Por tanto, é importante fomentar a percepción da cor e investigar para que quen non a ten poida adquirir esta habilidade.

Non debía haber límites de financiación para quen loita por rachar os límites do ser humano cara a unha vida plena. As cores non son un asunto menor nesta plenitude que é imposible sen unha percepción veraz da realidade. Polo tanto, non cabe dúbida que se debe impulsar toda investigación que contribúa a mellorar a vida das persoas, sexan minoría ou maioría, porque vimos á vida para coñecer a vida e non pode haber límites sociais, políticos ou económicos para vivir en plenitude.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES