Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A devoción popular ao S. Adrián (2)

miércoles, 31 de enero de 2018
II. Datos haxiográficos sobre o San Adrián
Naceu a finais do século III en Constantinopla. Foi oficial do emperador Maximiano, que se converteu ao cristianismo, casandose logo con Santa Natalia. Durante a persecución decretada polo emperador Licinio foi encarcerado coa súa muller Natalia, quen presencio as torturas ás que foi sometido denantes de ser decapitado en Nicomedia de cara ao ano 306.

A devoción popular ao S. Adrián (2)O seu culto está documentado, tanto en España como en Portugal, dende o século VII. En Galicia algunhas lendas convertirono nun santo aniquilador de serpes, especie que simbolizaba ao paganismo en xeral e ao demo en particular.
Nesta comarca a súa devoción está reflectida en tres santuarios nos que se celebra a súa festividade (1).

En Fitoiro, Bretoña (A Pastoriza), o cuarto domingo de xuño.
En Terrío, Goiriz (Vilalba) o sábado seguinte á festividade da Ascensión.
En Carballido, Pacios (Begonte) o domingo seguinte ao xoves da Ascensión.

III. Consideracións xerais sobre os santuarios.
Os santuarios son lugares de culto simbolizados por unha ermida, capela ou igrexa parroquial ao que acoden devotos non só da comunidade parroquial, na que se ubica o espacio sagrado, senón tamen doutras freguesías. Neste último caso adoitan vir dun xeito individual ou colectivo. Polo tanto, podemos facer alusión a un espazo xeográfico ao que o antropólogo W. A. Christian denomina “territorio de gracia”, sobre o que un santuario proxecta a súa influencia en función do poder de convocatoria que exerce a súa imaxe sagrada en cuestión. Este territorio –segundo Carme Pernas- pódese reducir a un ámbito parroquial, municipal, comarcal, rexional e extra-rexional, que é o menos frecuente (2). Os devotos veñen a este recinto sagrado por un dobre obxectivo:

1º. Pregar da imaxe sagrada (3) a súa intercesión ante determinadas peticións de índole material -prevención e sandación de doenzas, boas colleitas, facenda familiar, paro...- e de carácter espiritual.

2º. Cumprir unha serie de promesas á devandita imaxe logo de que lles concedese as rogativas solicitadas.

“Los santuarios son percibidos como espacios sagrados, de los cuales irradia la salud material o espiritual, y a los que se acude de forma individual o colectiva” (4).

“Los santuarios son lugares precisos de transformación de la energía divina para utilización humana y de transformación de la energía humana para propósitos divinos” (5).

Por outra banda, o crego Xosé Antón Míguelez na análise que fai sobre os santuarios distingue os seguintes elementos: a vivencia do social vencellado a uns lugares e obxectos concretos; o predominio da emoción sobre a racionalidade; a cosmovisión estática e non histórica; e o carácter popular pouco institucionalizado (6).
A devoción popular ao S. Adrián (2)
Finalmente nos santuarios podemos apreciar a existencia dunha triple dimensión:

1ª. Espacial. Tratase de lugares que son puntos de encontro, de contacto, de intersección das diversas zonas do real, da heteroxeneidade dos diferentes estratos da realidade (o divino e o humano, o sagrado e o profano) (7). En moitas ocasións, os lugares onde se ubican os santuarios están relacionados con lendas ou aparicións milagreiras de santos/as, con reliquias… ou mesmo como lugares onde antano se celebraban prácticas pagáns e cultos á natureza… (8).

2ª Temporal. Os santuarios son o eixo unificador dunha serie de ritmos vitais e cósmicos (9). Así nos momentos de transición anual correspondentes cos ciclos solsticiais-equinociais é cando adoitan celebrarse as festividades relixiosas.

3ª Sociolóxica. Nestes recintos sagrados se reflicte o seu sentido de identidade ou pertenza a un grupo por medio dunha serie de rituais. Tamén o seu sentido de integración de cara ao exterior. “La doble vertiente, hacia adentro, y hacia fuera del área de referencia de cada centro se completa de esta forma, creando una red de relaciones de signo diverso” (10).

Finalmente, a dimensión sacra do santuario complementase cunha profana, na que os diferentes carruseis, os postos de churrasco e polvo, o xantar familiar, e a posterior verbena danlle un sentido pleno á romaxe, que participa -como acabamos de ver- dun dobre escenario: o sacro, simbolizado polo templo; e o laico, representado polo campo da festa.

NOTAS:
1. O Santo Adrián amosa en Galicia as variantes dialectais de Adrán, Adrao, Adriao, así como o cultismo Adriano.
2. BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carmen: “I. Introducción: As romarías e o seu significado” (Os santuarios do concello de A Pastoriza (Lugo), en Rev. Croa. Asociación Amigos do Castro de Viladonga. Castro de Rei. Lugo. Referencia de: Carme Pernas Bermúdez, páx.71.
3. A imaxe sagrada está representada por diferentes advocacións de Cristo, a Virxe, e os Santos, que son avogosos ante diversos males.
4. PRAT I CAROS, Joan: “Los Santuarios Marianos en Cataluña: una aproximación desde la etnografía”, en La Religiosidad popular, III. Hermandades, Romerías, Santuarios. Anthropos, Barcelona, 1989, páx. 227.
5. WILLIAM A. CHRISTIAN, Jr: Religiosidad popular. Estudio antropológico en un valle español. Madrid: Tecnos, 1978, páx. 126.
6. MIGUÉLEZ DÍAZ, Xosé Antón: “Relixiosidade popular galega. Aproximación e chamadas”, en Estudios Mindonienses. Anuario de Estudios Histórico-Teolóxicos de la Diócesis de Mondoñedo-El Ferrol. T.2, páx. 248.
7. BLANCO PRADO, J.M: Religiosidad popular en el municipio de Begonte, Lugo: Deputación provincial, 1991, páx.70.
8. BLANCO PRADO, J.M. e PERNAS BERMÚDEZ, Carmen: “I. Introducción: As romarías e o seu significado” (Os santuarios do concello de A Pastoriza (Lugo), en Rev. Croa. Asociación Amigos do Castro de Viladonga. Castro de Rei .Lugo. Referencia de: Carme Pernas Bermúdez, páx.71.
9. MALDONADO, Luís: “Los Santuarios en la religiosidad popular”, en Santuarios del P. Vasco y Religiosidad popular. II Semana de Estudios de Hª Eclesiástica del P.Vasco, Vitoria, 1982, páx. 70.
10. FERNÁNDEZ DE ROTA, J.A: Antropología de un viejo paisaje gallego. Centro de Investigaciones Sociológicas. Madrid: Ed. S. XXI, 1984, pax. 259.
LISÓN TOLOSANA, Carmelo: Invitación a la Antropología cultural de España. Madrid: Akal, 1980, páx. 93.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES