Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A devoción popular ao S. Adrián (1)

miércoles, 24 de enero de 2018
A devoción popular ao S. Adrián na Terra Chá (Lugo)

I. Algúns trazos xeográficos sobre a comarca da Terra Chá

Dende unha perspectiva xeomorfolóxica A Terra Chá é unha comarca, que amosa dúas partes claramente diferenciadas: a primeira, situada no norte, abrangue a alineación montañosa da Serra do Xistral, que separa esta bisbarra dos vales da Mariña; pola contra, a segunda comprende as superficies de erosión e penechairas ubicadas no centro e sur desta comarca, na que cómpre distinguir o espazo xeográfico bañado polo río Miño e os seus afluentes, asi como algunhas pequenas lagoas -entre outras, as de Cospeito e Caque- (1).

Con respecto ao clima, mostra trazos de continentalidade claramente reflectidos nas temperaturas -entre 5º e 11ª- e as precipitacións -entre os 900 e 1000 mm.-, aínda que hai oscilacións importantes entre a planicie e a montaña (2).

En canto á demografía, é unha bisbarra que aglutina a unha poboación de 41.290 habitantes -Instituto Galego de Estadística do 2016- distribuída nunha serie de entidades de poboación pertencentes aos municipios de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, que ocupan unha extensión de 1822,75 km2 . O trazo máis peculiar a nivel demográfico e o avellantamento da poboación debido a que o crecemento vexetativo e moi negativo; esta característica aínda se agrava máis nalgúns concellos como Abadín, Muras e Xermade, onde se fai máis patente a posibilidade que non haxa ningunha substitución xeracional.

Con relación a actividade económica podemos facer mención a unha comarca que ten como sostén a actividade agropecuaria, que da emprego a máis dun terzo da poboación activa; a modernización gandeira maniféstase tanto no alto grao de mecanización como no elevado número de reses por explotación. O sector secundario, pouco consolidado, basease esencialmente no sector agroalimentario; así, é mester distinguir as empresas de transformación láctea, situadas no concello de Vilalba, como Vence S.A, Leche de Galicia, S.A, e Queserías de Vilalba; ou Lácteos Lorán S.L., situada en Abadín; asi mesmo cómpre destacar outros sectores industriais como os transformados metálicos, a producción de plásticos (Grupo Ferroplast, S.A), en Muras; tamén, a transformación de pedra (Ingemarga, S.A.) en Guitiriz. Finalmente no sector terciario sobresaen unha serie de empresas comerciais, hostaleiras e de transportes, sendo Vilalba o seu principal centro de referencia, xa que é un relevante nó de comunicacións cara a Asturias, A Coruña, Ferrol, Lugo e Meira; neste eido tamén hai que distinguir as pequenas entidades de poboación de Guitiriz, Muimente e Castro de Riberas de Lea, onde se empraza un importante centro de mercado gandeiro.

NOTAS:
1. Equipo “Ir Indo”: Guzmán López, Cristina; Iglesias Pérez, Montserrat; Miramontes Carballada, Ángel e outros.: Galicia en Comarcas. Terra Chá e Meira, Vigo: Ed. “Ir Indo”, 2005, páx. 23.
2. FIGUEROA PAZ, Antonio V.: Experto en Sistemas de Información Xeográfica (SIX).
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania