Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vender libros é cousa de libreiros

martes, 14 de agosto de 2007
O de que cada quen atenda ó seu negocio está moi ben, se é para todos. Pero hai sectores protexidos e outros non.

Vender libros é cousa de libreiros. Eso está ben. Porque se os libros se venden nos colexios, os pais dos alumnos vense nunha situación de presión e non teñen liberdade para poder actuar. A cambio, seguro que conseguen mellores precios. E os libros, sempre son elixidos polos Colexios, ou sexa que o resultado é o mesmo.

O Tribunal Supremo ven de darlle a definitiva razón á Agrupación de Libreiros de Ourense nunha disputa legal que mantiñan co Colexio Marista Santa María, desde hai oito anos, pola venda de libros de texto no colexio. Como queira que o alto tribunal senta xurisprudencia, o de vender libros queda acreditado que é cousa de libreiros. Que souberon defender os seus dereitos e manter esa defensa ó largo de oito longos anos.

Que ocorre agora coas grandes superficies, que tamén venden libros de texto?. Posiblemente solventen o tema dándose de alta como libreirías. E logo, ¿Non poden os colexios abrir unha librería para competir en igualdade de condicións?.

Deixar o comercio ó libre xogo da oferta e da demanda, é perigoso porque entón os poderosos impoñen a súa vontade, os seus productos, os seus precios. Aínda que estean prohibidas as prácticas de mala competencia. Ordenar en demasía os sectores e os comportamentos, pon portas ó campo que por definición non pode telas.

Quedou claro o dos libros e os libreiros. Pero moito queda por clarificar.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES