Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aprobada a restauración dos frescos de Guitiriz

lunes, 22 de enero de 2018
A Xunta aproba a restauración dos frescos renacentistas de Os Vilares e Labrada, a iniciativa do BNG.

Os frescos do S.XVI foron descubertos en 1992 e a súa restauración foi unha demanda constante en Labrada por parte do parroco Luís Angel Aprobada a restauración dos frescos de GuitirizRodríguez Patiño e nos Vilares da Asociacion Socio-Cultural lareira de soños, promotora da iniciativa.

Finalmente houbo acordo entre o BNG e o PP e saiu aprobada a iniciativa nacionalista coa emenda que presentaron os populares. Apoiaron todos os grupos da Comisión de Cultura do Parlamento agás o PSOE que se abstivo porque din que non querían comprometer á deputación ou obrigala a financiar o proceso de restauración malia que na iniciativa pídese que senten todas as administracións e o Arcebispado a falar para ver que fará cada quen.

Garantese asi o compromiso do Goberno por escrito para a financiacion dos estudos e da reabilitación das pinturas murais de Os Vilares e Labrada, reivindicación casi histórica do crego de Labrada por unha banda e da Asociación Lareira de soños dos Vilares pola outra.

Desde a Lareira de soños aguardamos que a actuación sobre as pinturas se acometa nun breve espazo de tempo para que non sigan Aprobada a restauración dos frescos de Guitirizdeteriorándose os muráis, especialmente os dos Vilares, nun estado realmente preocupante.

Aproveitamos para agradecer ao BNG o trabalho realizado e en particular á deputada Olalla Rodil o interese demostrado.

Adxuntamos o texto definitivo que se publicará nos vindeiros dias no Boletín Oficial do Parlamento:

“O Parlamento de Galicia insta á Xunta de Galicia a:

1. Avaliar o estudo técnico en proceso de elaboración unha vez rematado, para estudar tanto o estado de conservación dos frescos situados nas igrexas parroquiais dos Vilares e Labrada (Guitiriz) e as medidas a adoptar para frear o seu deterioro e garantir a súa conservación.

2. Abrir un espazo de diálogo co Arzobispado, o Concello de Guitiriz e a Deputación de Lugo para acometer as actuacións de consolidación e restauración que sexan precisas.”
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES