Ir de chatos
Xiz, Xulio - miércoles, 08 de agosto de 2007
Esquecerse do apartado de correos durante un tempo, pode ser perigoso pero tamén pode ser clarificador. Perigoso, se chega algún envío importante que deberías atender a prazo fixo. Clarificador, se resulta que a maioría dos envíos que recibes son perfectamente prescindibles.
Alomenos tres meses sen abrir o apartado, tempo abondo para obter unha perspectiva temporal significativa, aprecio o labor do Concello de Lugo na súa relación social. Teño, sí, unha tarxeta de Orozco proclamando Faremos máis. E información sobre o programa cultural do Bng para as municipais. E do Concello, carta sobre a campaña Conéctate en Lugo, animándome a formar a miña familia dixital.
A Mesa pola Normalización Lingüística invítame a participar nun par de actos, os bancos mándanme recibos pagados e estados de contas, e a publicidade postal aparece en todo o seu esplendor.
Os recibos gárdoos por se algún día me da por recapitular no tema económico, a publicidade ráchoa e tiro as propagandas políticas porque xa se sabe que unha vez pasadas as eleccións non van valer para nada.
Gardo eso de conectarse a Lugo e o de formar a miña familia dixital por se me da unha toleada e, xa que a familia física me vale moi ben a que teño, calquera día me da por ir de chatos pola Rede.

Xiz, Xulio
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora