Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Edición dixital do poemário Argonauta

Os Vilares, Lareira de Soños - jueves, 18 de enero de 2018
De terras do poeta antón Avilés de Taramancos cheganos unha xoia poética da man do bardo Moncho Bouzas.

Culturalia GZ e NPG Nova Poesía Guitirica presentamos o poemario Argonauta de Moncho Bouzas, ilustrado con fotografías do Biólogo e divulgador científico Xurxo Mariño e obras da pintora Amalia Costa. É a recompilación de vinte vellos poemas escritos no século pasado, todos eles lidos en recitais do Batallón Literario da Costa da Morte polo autor, e que agora ven a luz en formato de libro digital nos soportes virtuais www.culturaliagz.com e www.galiciadigital.com e que poderá ser descargado gratuitamente en PDF.

Unha nova publicación dixital cun poemário que se suma a várias obras colectivas xa editadas e a outras que temos preparadas. Estreamos, asi un espazo aberto a creadores para a difusión das suas obras poéticas e literárias en formato dixital e gratuito que agardamos sexa aproveitado por grande cantidade de escritores e artistas.

Esta obra de Moncho Bouzas permite recuperar para o público un activo poético criado a carón do êxitos e histórico Batallón Literário da Costa da Morte, desta volta desde As Mariñas coruñesas onde reside e desde onde impulsa o grupo Voces Poéticas do Mandeo co que colaboramos desde a NPG.

20 poemas de Moncho, recuperados do passado século pero tan actuais como o pulso poético do seu autor, un inquedo facedor de versos e amizades que ten gañado a admiración polos seus versos de aqueles que os leen ou escoitan e a amizade de quen o trata. Convidamos pois a saborear estas vinte xoias do ARGONAUTA, primeira obra poética individual que editamos, e coa que se estrea tamén o poeta, que na nave argonauta que zarpou desde a ria de Muros polas augas da Costa da Morte para remontar o Mandeo até o seu nacemento, na Cova da Serpe nunha longa singladura que foi, cargada de experiências cal viaxe á súa paticular Itaca.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES