Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Azuis

miércoles, 17 de enero de 2018
Azuis e claras eran as túas ondas,
Neptuno berrou,
azuis e claras as túas meixelas,
a deusa da Fortuna te abandonou,
azuis e claros, fermosos,
por que noso Deus as rachou?

A balea de ferro virou cara a terra meiga,
coitados galegos,
ouro negro agachaba na súa adega,
infelices de nós,
podías quedar dentro delas,
mais aquel deus nos matou.
Azuis
Ouro negro, de que falades?
desgraza e mancha na honra,
ouro e avaricia, non me credes?
Maldicións e bágoas na area,
cartos e poder, non o vedes?
Bágoas e bágoas tan meigas.

A balea de ferro virou cara a terra das fadas,
non era o teu destino,
nin o teu fado, nin o teu camiño,
feriches o orgullo das meigas,
elas óllante con tino,
agardan connosco, agardan contigo.

Berrade,
nin lóstregos nin lume puideron,
por que van poder agora?
Bramade,
o ouro do norte non pode,
Vai poder nesta hora?

As meigas choraron, e tamén nos ergueron,
e nós erguidos, bramando, loitando,
elas son nosas, os nosos anxos,
e nós unidos, berrando, berrando,
elas son nosas, nós as herdamos,
xuntos, cos anxos.

Azuis e claras eran as túas augas,
volverán,
azuis e claras as túas mariñas,
e volverán a ser claras,
azuis coma estes ollos que choran,
azuis serán.

Azuis
Núñez, Pablo
Núñez, Pablo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES