Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Agora os lumes!

domingo, 05 de agosto de 2007
 beira do Camio: Agora os lumes! O pasado domingo, falamos da abundancia de fumes (fervores, na Terra Chá) na elite política galega. E seguen. ¡Ata ao esperpento!. Agora, coa tolemia de converter a polémica Cidade da Cultura en Patrimonio da Humanidade. ¡Isto cheira a provocación!

Non atenden o Camiño Francés (¡Veterano Patrimonio!) e ousan resucitar a noutrora criticada megalomanía. O que hai que oír e ollar nesta Terra. Semella se perdeu a vergoña. Tamén na vida pública oficial. Que estraguen o Camiño os propios responsábeis da súa defensa e, por riba, teñan cara para pedir máis no Xacobeo 2010... é pórlle moita cara ao asunto. Lembren feitos: a manifestación internacional do domingo por mor do polígono no concello de O Pino, a ilegal e descarada invasión do Camiño Francés para convertelo en núcleo rural en Fonfría (Pedrafita) e os aínda abandonados e ilegais barracóns de Liñares e Portomarín.

Testemuñas permanentes. ¡Á vista de todos! E, como complemento da semana, levar ó Punto Limpo de Portomarín (temporalmente) o desexado e esperado traslado da estatua do Apóstolo, que tiña que ser mudada pero con sentidiño e máis respecto á propia imaxe e ao concello e pobo de Portomarín, agora que non, precisamente, escaseza de plenos.

Ao Consello de Contas da Xunta “non lle saen as contas”. Nas débedas do SERGAS, nas dos aparcadoiros da biblioteca Cidade Cultura, no cobro dos millóns que debe a UE... A moitos de nós, tampouco. Mesmo que de 94 detidos polos incendios só Un estea na cadea. Grazas que o clima está a colaborar, se non estariamos loitando (¿¡outra vez desunidos!?) contra ao lume.
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES