Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Frialdade atmosférica e informativa

lunes, 15 de enero de 2018
No momento de escribir isto, vai frío, moito frío. No momento de escribir isto xa sinto frialdade ante todo o barullo da rapaciña Diana Quer. Síntoo por ela, pero xa me nego a ler máis e máis noticias sobre esa desgraza. Por todos os Santos, que a deixen en paz! Xa está ben de que os medios de comunicación fedellen, focen unha e outra vez nas vidas das persoas.

Frío tamén o sentiron os que quedaron atascados, atrapados na neve na AP-6. Desde aquel momento empezaron a lanzarse dardos uns a outros ata que se chegou a conclusión de que a culpa, por esta vez, nin tan sequera fora da neve, senón que a culpa fora do cha-cha-cha. Coma sempre. Entón é normal que non dimita ninguén. Que dimita ese baile e xa está.

Fríos tiveron que quedar os dous pacientes ingleses operados polo cirurxián inglés Simon Bramhall cando descubriron que este gravara nos seus fígados as súas iniciais SB. Neste caso, ou quedas conxelado ou súas polos catro costados. Como se lles cruzan os cables a algúns. Pensaría que realizaría unha gran obra e que, co tempo, os fígados dos pacientes valerían o seu aquel. Nesta nosa terra hai para dar e tomar.

Frialdade absoluta no mundo saudita. Ou mellor dito, no machismo do mundo saudita. A ver, entendo certas costumes ou tradicións, pero hai algunhas que van moito máis alá dunha dignidade normal e humana, principalmente humana. Resulta que as mulleres sauditas entran por primeira vez nun estadio de fútbol, aínda que, iso si, separadas dos homes. Non vaia ser que a muller vexa a planificación das xogadas antes que os “entendidos” do balompé. Ou que se exciten ante os pantalóns curtos dos seus amigos ou veciños ou fillos ou maridos ou parentes. Pero en que mundo vivimos!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania