Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Inclasificables

lunes, 15 de enero de 2018
Que barullo..., señores!. Agora quero supoñer que todos os cidadáns que teñan a paciencia de reflexionar un pouco sobre os acontecementos socio–políticos do noso país están en condicións reais de xulgar o alcance do TANCREDISMO, dun tancredismo despreocupado da draga, é dicir, da limpeza dos fondos, dos que se elevan estes lodos. Permítanme ocuparme un pouco deles.

Non lles vou ofrecer unhas liñas documentadas. Prefiro errar no propio, neste caso, que acudir á unha hermenéutica do alleo, sobrada de vacilacións. Penso, pois, que as entidades sociais se van forxando, ao través do transcurso do tempo, como SUSTANTIVIDADES que se consolidan como unha unidade que non consiste (reparen nisto) na gavela que forman os elementos que as integran, senón nunha unidade virtual conceptualmente PREVIA, que só devén en real cando se ACTUALIZA neses elementos formando un conxunto estrutural, unha unidade constitutiva, porque a relación entre eles, polo menos, así o posibilita, incluso con certo grao de esixencia. Por conseguinte, a unidade ven a ser primaria, non consecutiva aos elementos. Confundir isto trae consecuencias que sería extenso razoar e detallar aquí.

Creo que non é difícil comprender que estamos en presenza dunha unidade social real sistemática, que matiza a función de cada elemento do sistema; pero, neste caso, a matización funcional ten un certo carácter convencional, si ben axustándose as propiedades sistemáticas. Xustamente por isto, está situada non no nivel constitutivo, senón no CONSTITUCIONAL, sen dúbida implicado por aquel. Deteñamos, pois, o noso maxín nisto e reflexionemos que, loxicamente, do constitucional nunca podemos derivar o constitutivo, que está PERSONALIZADO, no caso dos estados nacionais, no suxeito da soberanía.

Penso que estamos así lexitimados loxicamente para deducir a seguinte consecuencia: SE NON SE DAN OS PRESUPOSTOS APUNTADOS, NON SE PODE DERIVAR DUNHA VONTADE COLECTIVA DUN ELEMENTO CONSTITUTIVO NADA QUE DESTRÚA A UNIDADE CONSTITUTIVA DA QUE FORMA PARTE, PORQUE, ADEMÁIS DOUTRAS RAZÓNS, INVÉRTESE A ORDEN CONSECUENCIAL.

Sabido é que, politicamente, existen exemplos na historia que non respectan esta lóxica; pero a inestabilidade está servida, sobre todo cando algúns líderes políticos, ou motivos ben alleos a mesma Política, a instrumentalizan ao seu servizo: Son persoas INCLASIFICABLES, porque, ou ben fan mutantes as súas propiedades de permanencia definitoria en función das necesidades de cada día, ou ben son vítimas de pulsións ancestrais inadecuadas os contextos. E incluso semellan ser vítimas de graves perturbacións mentais. O paradoxo, sen embargo, xurde cando ata poden ser considerados por algúns superdotados.

Referíame ao principio, cun símil mariñeiro, á “limpeza dos fondos”. Tamén aquí hai espazo para varias exposicións. Botemos unha ollada só ao século pasado e o que levamos deste. Na historia podemos ver como as esencias (coa venia dos que non queren escoitar falar delas, porque teñen as súas, que tamén se quedan sen batería como os teléfonos móbiles, e son de peto) foron enlordadas, e nos anos que levamos de democracia o interese polo poder levou, principalmente aos que tiñan as obrigas de empregar a draga, a deixarse enlordar pola soberbia dos nacionalismos, entregándose os coñecidos como poderes fácticos, con esquecemento dos máis necesitados cidadáns, coas consecuencias ben coñecidas da proliferación de partidos e a aberración ideolóxica. Acaso España non pode aprender a gobernar en alianza como en Alemaña, para evitar concesións improcedentes e que as minorías SEN OBXECTIVO impoñan os seus criterios?.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES