Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cabalgatas e tradición

lunes, 15 de enero de 2018
Cabalgatas e tradicin Estamos nunha situación na que calquera cousa é susceptible de debate ou controversia. Cando xurde un evento dos encadrados na máis pura tradición, resulta inevitable escoitar opinións de rexeitamento que critican as innovacións e apostan por deixar as cousas como están.

Rematan unhas festas que son tradicionais baseadas no concepto relixioso do aniversario do natalicio do neno Xesús que, co paso do tempo, se foron “contaminando” con outras tendencias que pouco ou nada teñen que ver co espirito desta conmemoración.

Dunha historia así soen derivarse contos bonitos para os nenos como a fábula dos Reis Magos que guiados por unha estrela se dirixen a Belén para ofrecerlle agasallos ao neno. Todos os nenos na noite do 5 de xaneiro esperan ver aos reis. Pero, meus amigos, non contabamos co colonialismo cultural e comercial ao que nos vimos sometidos dun tempo a esta parte. Resulta que aos nenos doutras latitudes non os visitan os reis senon un señor gordo vestido de vermello que chaman Papá Noel ou Santa Claus que deixa xoguetes pola Noite Boa e que pouco apouco meteuse por aquí e foille comendo as papas aos Magos de oriente.

Por se isto fose pouco, en Galicia temos ao Apalpador, outro ancián que baixa dos bosques a apalpar as barrigas dos nenos e nenas pola noite.Todos estes vellos egrexios competindo a brazo aberto na tarefa de entregar agasallos. Como é tradicional, mergullados no afan do politicamente correcto, a controversia xorde de novo pola organización das cabalgatas de reispor aquí e por acolá.

Os tradicionalistas desexan que se manteña o concepto relixoso e xa que logo que a relixión dicte as normas do atrezzo e organización das cabalgatas sen reparar que xa non rixe un pensamento único e que hoxe en día máis que adorar ao neno se reverencia o consumismo e os reis son empregados dun sistema que invita a comprar e comprar compulsivamente.

Pasaron máis den dous mil anos pero calquera diría que todo isto non é un invento do “Corte Inglés” e dos importadores chineses. Agora os reis van en carrozas patrocinadas polas máis significadas marcas comerciais. Éche o que hai malia que a beatería se enfade.

Menos mal que aos tradicionalistas non se lles ocorreu suxerir que Felipe VI saíse na súa palestra de Noite Boa con manto de armiño, coroa balizada de perlas, esmeraldas,rubis e maza real na súa man. Unha vestimenta como Deus e a tradición manda para un monarca que se prece. Pero non se desanimen, que todo se andará.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES