Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

#CertameVilariñas2018

jueves, 11 de enero de 2018
O sábado pechamos #PoemasPenduradosDeFarolas /LUMES NUNCA MÁIS! deste ano é o luns abrimos a convocatoria do #CertameVilariñas de micro poesía 2018 (II edición), abaixo, as bases para este ano...

«VILARIÑAS» Concurso de micropoemas da NPG Nova Poesía Guitirica, CulturaliaGZ e Asociación Sociocultural Lareira de soños.

BASES

Convocase o II Concurso de micropoesías “Vilariñas" no que poden participar todos @s escritores/as que queiran. A participación neste concurso é completamente de balde.

Os micropoemas presentados ao concurso serán inéditos, orixinais e non premiados nin publicados. Os autores son responsables tanto deste punto como da autenticidade dos seus propios datos.

O tema será “Libre”. Cada participante podrá enviar un máximo de dous micropoemas que deben estar escritos en GALEGO en calquera das normativas, e presentarase ao concurso a través do correo electrónico dosvilares@gmail.com ou info@culturaliagz.com en formato Word.

Os micropoemas terán una extensión mínima de 2 versos e máxima de 3 versos sen incluir o título. Cada poeta poderá presentar un máximo de dous micropoemas a concurso e cada un deles serán xulgados individualizadamente e por separado. Cada micropoema debe ser apresentado por separado. Poderán cada un deles ir acompañado de imaxe si así l🏔️ quixera @ autor/a.

Admitiranse obras desde o 15 de xaneiro até o día 30 de abril de 2018, ás 23.59 horas.

A organización do concurso reservase o dereito a eliminar aqueles micropoemas que podan ir en contra da protección da infancia, do respeto, ou induzan ou promovan actos delictivos, denigratorios ou violentos en cualquera das súas formas.

O xurado terá en conta a orixinalidade, técnicas empregadas, calidade e contenido do poema. O xurado estará composto por poetas da NPG Nova Poesía Guitirica. O fallo do xurado será inapelable e farase público a través dos distintos soportes dixitais de Os Vilares, lareira de soños, CulturaliaGZ e da NPG Nova Poesía Guitirica nas duas semanas posteriores ao peche do concurso.

Entre os micropoemas participantes, seleccionaránse os mellores que poderán integrar unha antoloxía, e entre eles escollerase aos gañadores co premio que consistirá no trofeo deseño exclusivo da artista Viki Rivadulla e edición das obraspresentadas no blog poético literário CulturaliaGZ. A edición da antoloxía do blogue poético será segundo criterio da NPG Nova Poesía Guitirica CulturaliaGZ e Os Vilares, lareira de soños. Farase un acto poético público cos premiados e poetas convidados.

Polo feito de participar, os premiados autorizan a NPG Nova Poesía Guitirica e á Lareira de soños a editalos nos soportes fisicos que considere oportunos.
Os Vilares, Lareira de Soños
Os Vilares, Lareira de Soños


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
Deputación de Ourense
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania