Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Vilalba e Xulio Xiz

miércoles, 10 de enero de 2018
Coñezo a querencia da vila e parroquias de Vilalba por Xulio Xiz. Tiven a fortuna de traballar cos/as veciños da Rúa Porta de Cima, o seu berce, durante meses preparando a homenaxe que lle rendiron no setembro do 16 no Paseo dos Soños.

Porén acredito e asino todo o que dixeron Esther e Alfonso Baamonde, voceiros desta veciñanza. Xulio cunha xenerosidade rebordante endexamais se esqueceu da súa crianza nestes lares e correspondeu en demasía ao herdo que recibeu das súas raíces. Cómpre loar arestora a sensibilidade do concello por escoitar esta aspiración da cidadanía.

Acae o título que o presentador e xornalista Baruc está a dedicarlle a Xulio como “a voz da Chaira”, e nesta liña cómpre agradecerlle a súa fidelidade ás esencias da Terra Cha na liña de Manuel María, e así a súa voz singular, eco dos nosos ríos, serras, lagoas..., situou a nosa comarca no mapa do mundo, dende esta Galiza formada por comarcas e rexións. Dende fai moitos anos Xulio foi pioneiro na comunicación a través de varios soportes: videos, televisión, libros, etc., do universo da Terra Chá: a literatura das e dos nosos escritores, a gastronomía, así o capón de Vilalba, as festas, a nosa literatura oral, as paisaxes do Miño..., e con esta ollada ou medida coas dimensións chairegas, tamén se achegou a todas as paisaxes e comarcas galegas cos seus videos-libros VHS dende Ophiusa en colaboración con Carlos Rodríguez.

E aproveito esta oportunidade para agradecerche, Xulio, no nome das asociacións culturais, a tua entrega aos colectivos de base dende fai décadas, naqueles tempos dos teleclubes que coma o de Bazar cumpre 50 anos... ¡Que dicir da tua dedicación a Guitiriz, o eido da parentela da tua dona, Merce...! Mesmo mañá imos ter as asociacións culturais da Chaira unha celebración en Meira e intentarei prender neste evento algunha faísca deste lume comunal que estamos a acender hoxe en Vilalba grazas á enerxía do mestre Xulio Xiz.

(Palabras de Alfonso Blanco Torrado, na capital da Terra Chá, o 29 de decembro de 2017, no acto da entrega a Xulio Xiz da Medalla de Ouro de Vilalba).
Blanco Torrado, Alfonso
Blanco Torrado, Alfonso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES