O imperdonable maltrato
Editorial - lunes, 06 de agosto de 2007
Sempre houbo maltrato, pero ninguén se atrevía a denuncialo. Máis aínda: Hai medio século, a doctrina imperante era que dentro de cada matrimonio as cousas pasaban pero nada repercutía no exterior, e ninguén aínda familiares- debía meterse no que só era competencia exclusiva da parella.
As doctrinas, afortundamente, cambian. E os sometementos tamén. E na actualidade, cada vez máis, as mulleres que sofren malos tratos denúnciano, algunhas pagando coa vida, para que o maltratador reciba da Xustiza o castigo que merece.
Durante o primeiro semestre de 2007, presentáronse en España máis de 30.000 denuncias por malos tratos, das que 1.578 pertenceron a Galicia, sendo a nosa a quinta autonomía do Estado en número de denuncias.
Nove denuncias diarias por malos tratos son moitas denuncias para este pequeño país, pero quizáis son somente a punta dun iceberg que cada día asoma máis, porque tamén neste eido se experimenta un cambio climático, claramente beneficioso.
Coidamos que non é malo nin bo que sexa Galicia a quinta autonomía de España en denuncias. Como se fose a primeira. Porque denunciar é sinónimo de coñecer dereitos e pedir xustiza. Por ahí se empeza. Porque cando o maltratador se non entende outra linguaxe- reciba castigo exemplar pola súa covarde actuación, deixará de extralimitarse e comezará a portarse como unha persoa.
O maltrato é imperdoable. Contra el, todos os medios serán sempre poucos. Temos que conseguir que aquel deixar facer do pasado sexa historia, e todos nos involucremos nun problema que é de todos, e non só da que recibe o maltrato.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora