Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Peatonalizar en Lugo

lunes, 08 de enero de 2018
O refraneiro quere que o inferno estea cheo de boas intencións, para evidenciar que non basta coa intención, senón que hai que pasar á acción.

En Lugo, as intencións de peatonalizar cobraron vida desde hai anos, e tense pasado á acción nas rúas Progreso, San Pedro, Nóreas, Campo Castelo, Raíña, Praza Maior, Bispo Aguirre, Rúanova, Praza do Campo, parte da Ronda, Miño e San Marcos, no centro de Lugo, en difícil labor municipal que ten que ser compatible cos lexítimos dereitos dos residentes nesas zonas que teñen que acceder aos seus garaxes. Que ás veces xeneran tráfico importante porque os residentes fan valer os seus dereitos.

A recente reconstrucción dun edificio en San Marcos orixinou un garaxe nas inmediacións da Deputación, e no concello non tiveron mellor idea que autorizar o seu acceso desde San Fernando, cruzando toda a praza de San Marcos.

E un perfecto desatino, tendo en conta que entrando pola praza de Santo Domingo, o traxecto reduciríase así, a ollo, nunhas dúas terceiras partes. E se se entrase desde a Rúa do Teatro, pola rúa creada á beira da muralla para o edificio construido sobre o solar do antigo Gran Teatro, non se molestaría a ninguén.

Claro que o acceso pola rúa do Teatro ten o inconvinte de que se considera privado aquel tramo á beira da muralla se é posible concebir unha tal privacidade urbana, especialmente lindando co monumento. Pero eso non ocorre co acceso desde a Praza de Santo Domingo, aínda que si pode resultar máis dificultoso pola ocupación de sólo por parte dun establecemento de hostelería, cuestión tamén importante polo imposible acceso que se está utilizando nestes momentos, e que anula totalmente – por momentos, é verdade- o carácter peatonal da nova praza de San Marcos, que ve fortemente rebaixado o seu carácter.

Para dar solución a casos así, viría ben aquela utopía de unir o aparcamento de Santo Domingo co da Praza de Ferrol, por debaixo de San Marcos, e os dous co que se pretendía facer debaixo da explanada de San Fernando. Pero diso nunca máis se soubo. E con situacións coma esta poñámonos a temblar co proxecto de peatonalización e cubrición de Quiroga Ballesteros, que pode resultar algo tremendo ademais de espectacular.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES