Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Conto de Nadal: A derradeira viaxe

viernes, 05 de enero de 2018
Manuel moraba no lugar da aldea que os seus país lle deixaran como herdanza. Alí naceu e alí foi criado. Toda a súa vida estivo sempre chea de penurias, máis nunca faltou á boa convivencia coa veciñanza.

Tan só a asistencia a algún enterro, a visita ao médico, ou contadas xestións como ir a buscar a paga ao banco conseguían ausentalo da aldea. Todo foi traballar na súa vida.

Malia iso, a parroquia ía esmorecendo: os veciños marchaban a pobos cercanos ou ben marchaban á capital, a pequeña taberna xa botara o peche como xa fixeran moitas das casas.

Manuel resistíu todo o posible. Comezaba o día erguéndose ao mencer e a súa andaina era a conversa cos animais e tamén atravesar o lugar recorrendo as leiras coa liberdade propia dun paxaro.

De cando en cando, Manuel recibía a visita dos fillos. Un día, cando as forzas foron a menos, Manuel caeu no chan. Aquel era un día no que o outono asomaba e se facía presente cunha das súas típicas sináis como era a caída da folla das árbores. Ese día puido sentir como as pernas fallaban, o andar era dificultoso, e de vez en cando a memoria fallaba á hora de tomar as menciñas. Era moita a soidade que sentía e matinaba: -¿qué fago eu só nesta casa?, preciso de coidados-.

Logo de moito batallar no seu interior, tomou a decisión de ingresar na residencia de anciáns. Os primeiros días fixeronse duros, totalmente “costa arriba”, máis non daba queixas, dicía ás coidadoras que todo estaba ben: as comidas, a habitación, o tempo de lecer, o trato en xeral que dispensaba o persoal. Pese a ísto, faltaballe a Manuel poder respirar o aire fresco da mañá, sentir o frío da xeada, oir o canto do galo madrugador, o poder contemplar día a día como ían medrando os repolos na horta e no verán as xudías, a conversa coas vacas e demáis animáis.

Cando era preguntado polo trato que recibía, él, con ollos saltóns e coa inocencia propia da mirada dun neno dicía: -Eiquí trátanme ben, as “hermanas” son moi boas e os empregados tamén-.

Pasaron os días e chegou o inverno, e co él Santa Lucía, xa pertiño do Nadal. No día da Inmaculada Concepción, Manuel recibíu a visita dos seus fillos e netos, ese día puideron conversar con él e falarlle da posibilidade de que o sábado próximo o levarían a Begonte a visitar o Belén, onde as figuriñas tiñan vida por medio de mecanismos electrónicos. Él aceptou e comentou todo ísto cos compañeiros da residencia, preguntoulles: -¿onde está Begonte?-,ó cal lle responderon: - Na Terra Chá, perto de Vilalba-.

Xa chegado o día da viaxe ao lugar onde endexamáis pensara chegar, logo de recorrer concellos, aldeas e barrios, Manuel puido ver o río Parga e tamén o Ladra. Todos aqueles nomes eran novos máis a lembranza da súa aldea e da súa casa facíase presente en todo momento.

Unha vez puideron entrar no centro cultural D. José Dominguez, preguntouse o porqué de que aquel lugar levase ese nome e puido saber que D. José Dominguez fora o sacerdote que, xunto con outras persoas, fixo posible a maravilla que ían contemplar.

Manuel quedou abraiado do acontecemento que estaba a presenzar. Non perdía detalle. Lembraba todo o que él vivira na súa aldea, recordaba os traballos tradicionais e artesanais e os seus ollos ían enchéndose de bágoas. Contempraba ao tempo que movía a cabeza entusiasmado.

Xa rematada a sesión dixo a toda aquela xente que o acompañaba: -¡Graciñas, vaia regalo me fixéchedes hoxe os meus fillos e netos!-.

Á volta da viaxe, exclamaba novamente: -Hoxe vivín novamente lembranzas da miña vida, da que sinto morriña, da miña historia. Os oficios estaban representados de cheo: as lavandeiras tendendo a roupa nos tendais, unha delas conversando con outra muller que acougaba a roupa na tina, e máis adiante unha nai cantando unha nana ao neno para que durma. ¡Canta madeira teño cortado! Fixeime tamén nos paisanos que estaban a realizar esa dura tarefa. ¡E o muiño! ¡Cantos sacos de trigo e fariña carrexei sobor do meu lombo! Os oleiros, argallaban nas olas para facer o caldo que soíamos mercar nas feiras. Tamén as mantas de lá que as mulleres texían ó longo de moitas noites. Todo ísto porque naceu Deus. ¡Canto lembro as misas do galo, as panxoliñas “…vínde ver ao neno…” que nas noites xeadas iamos ensaiar á igrexa.

Manuel estaba encantado. Cheo de felicidade. Cando chegou á residencia, relatou aos compañeiros a fermosa vivencia de visitar un Belén de verdade con lóstregos, neve, fume nas casas, ríos de auga transparente, incluso un monte queimado que ardeu como a cotío acontece na nosa terra e que rematou grazas ó fresquío da nevarada.

A residencia transformouse toda ela en Nadal: misterios, pesebre, beléns fermosísimos, a música e as panxoliñas que non se detía en todo o día.

Cando só faltaban tres días para o Nadal, a saúde de Manuel recaeu novamente. O médico comunicou á “hermana” que o coidaba que a saúde era moi mala, xa para morrer. Manuel chamouna e díxolle: -Mire, quero falarlle do Belén de Begonte, e pídolle que abra a xanela da habitación. ¿Pode dicirme se o ceo está estrelado?-. A relixiosa respondeulle cun sí rotundo.

Continuou relatando: -Estou a lembrar a felicidade que compartían as xentes do pobo do Belén de Begonte, aquelas figuriñas de homes e mulleres reflexaban a ledicia nas súas caras e moita paz. Había entre eles un auténtico e profundo sentemento de convivencia e entendemento. ¡Ata os animais saltaban cheos de gozo!. Mire, “hermana”, xa vexo os reises magos que veñen cargados de regalos que son para min. Sinto a Luz do Neno Xesús do Belén e á súa Nai mirándome e desexando darme unha aperta. San Xosé está a sinalarme coa man para que non teña medo de entrar no portal do ceo. Herodes desapareceu do Belén porque non soporta que venza a Luz do Neno sobre as tebras-.

Cando Manuel estaba a falar, púidose escoitar a campaniña da comunidade que chamaba a asistir á Misa do Nadal. No momento do comezo da celebración litúrxica, Manuel díxolle á “hermana”: -Xa estou chegando ao belén do ceo, estou a mirar aqueles que fixeron posible o Belén de Begonte. Graciñas pola viaxe a este lugar de luz na Terra Chá e gracias por esta derradeira viaxe á eternidade-.

Manuel marchou desta terra sabendo que para él xa era Nadal para estar sempre con Deus.
Escourido Basanta, Xosé Román
Escourido Basanta, Xosé Román


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES